Para comezar, hoxe vos propoño algunhas actividades relacionadas coa lectoescritura. A continuación tedes unha pequena sopa de letras para os nenos e nenas de 4 e 5 anos onde teñen que buscar o seu nome e o do resto de compañeir@s.Pulsando enriba á dereita podedes velo a pantalla completa.
E para os de 3 anos tamén lles deixo unha sopa de letras pero só cós nomes deles.
Para os de 4 e 5 anos tedes duas fichas, unha na que teñen que escribir o nome dos animais que aparecen e outra de ordenar as sílabas e formar palabras relacionadas coa primavera.
Rematamos coma sempre cun conto para ver en familia. Hoxe "O galo Quirico". Espero que vos guste moito!!!
Un abrazo para todo@s!!Moito ánimo, un día mais é un día menos para volver á normalidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario