E chegou unha das datas máis esperada do ano para os nenos e nenas!
Chegou o SAMAÍN! Sabedes que a orixe desta festa é celta e que os nosos ancestros a festexaban para agradecer a colleita e despedir o verán e darlle a benvida ao novo ano Celta?
Todo isto e moito máis está moi ben explicado no conto O NOSO SAMAÍN, que estuvemos vendo na clase.
Imaxe: Editorial Galaxia
Pero noutras partes do mundo se festexan o Halloween ou o Día de Mortos, como en México. Deste último festexo nos falou a profe Mónica na sesión de biblioteca cun conto moi especial...
Imaxe: Amazon
E falando de México non podíamos pasar por alto tratar sobre unha persoa moi vinculada a esta festa polas catrinas e pola temática, así que tamén falamos da gran FRIDA KAHLO. Podedes lembrar cousas dela visitando ESTA ENTRADA que fixen hai uns meses no blogue.
Pero ademáis tamén nos divertimos xogando a crear monstruos. Se trataba de tirar un dado e debuxar o número de ollos, dentes, brazos, pernas, pelos...que nos tocaran. Mirade qué chulos quedaron!
E xa para rematar os nosos traxes e disfraces terroríficamente divertidos!!!
Feliz Samaín!
No hay comentarios:
Publicar un comentario