04 junio 2020

MUSEOS INTERESANTES

Ola chicas e chicos de Carrio!
Como vai a semana?

Resulta que o pasado 18 de maio foi o 
Día Internacional dos Museos.

Existen moitísimos museos no mundo que teñen obras de arte espectaculares...
pero nun día
 non podemos velos todos!
Así que faremos un percorrido por algúns a través de xogos, vale?

No CRA temos un blogue chulísimo que ten moitas entradas xeniais adicadas a artistas, museos...se chama PINTUREIRO! Vos recomendo que o visitedes, o pasaredes xenial e sobre todo, aprenderedes moito!


Como non pode ser doutro modo comezaremos en MÉXICO con FRIDA KAHLO! 
Xa sabedes que son super fan dela!
Ata me quixen converter 
nela nalgún antroido!

Neste vídeo vos contan un pouco da sua incrible vida que non foi nada doada.


Agora que xa coñecedes algo máis a Frida que tal se intentades debuxar 
como o facía ela?
Atentos e atentas a este vídeo da miña amiga artista Vanessa Lodeiro e a sua filla Martina!


Xa para rematar se vos apetece dar unha volta pola CASA AZUL en Coyoacán, México, onde viviu e que agora é un museo...premede AQUÍ!

De México imos viaxar directamente a NOVA YORK ao MOMA!
Alí hai moitas obras de arte de moitos tipos: pinturas, esculturas...
Entre elas duas das pinturas que máis me fascinan:

 Sabedes como se chaman? 
E cales son os seus autores?
Vos animo a investigar coa axuda da vosa familia!

Podedes coñecer estas e outras máis a través destes xogos interactivos! 




Veña, imos coller o avión que marchamos para LONDRES a visitar o TATE MODERN!
Na páxina interactiva tedes moitísimos xogos para aprender xogando a través da arte!

Que vos parece a miña obra de arte?
Queredes facer unha?
 Premede enriba na imaxe!


Se queredes xogar a máis xogos
non tedes máis que visitar este ENLACE!

Toca voltar a casa! Imos parar primeiro en BARCELONA. Alí está a FUNDACIÓN JOAN MIRÓ na que podemos ver moitas obras deste artista catalán.



Imos coller un tren para dirixirnos a MADRID ao MUSEO DO PRADO. Uns encantadores amigos nos levarán de visita por diferentes obras.
Queredes descubrilas?



E xa para rematar na nosa terriña, na CORUÑA falaremos sobre PABLO PICASSO, pintor malagueño que estuvo moi arraigado á nosa cidade. No noso PINTUREIRO hai unha entrada ben chula!
Podes se queres xogar a ser Picasso, facendo caras imposibles como as que él pintaba!

Bueno chicos e chicas, espero que vos divertise visitar todos estes museos!
Cal foi o que máis vos gustou?

Quero rematar a entrada de hoxe ensinándovos como están as miñas sementes!
Teño que transplantalas 😊

Esto é todo por hoxe!

Lembrade visitar os demáis blogues do CRA!
Hoxe especialmente o de English, que a teacher de seguro que poñerá actividades very amazing!

Ata mañá!

No hay comentarios: