Bos días chicos e chicas de Carrio!
Imos teletransportarnos a CARRIO por uns momentos :-)
Sabedes que os días da semana son 7.
Algúns de vos tamén sabedes que os seus nomes teñen que ver coa astronomía!
LUNS- LUA
MARTES- MARTE
MÉRCORES- MERCURIO
XOVES- XÚPITER
VENRES-VENUS
SÁBADO- SATURNO
DOMINGO- SOL
Pero sabedes tamén... que se relacionan cos cereais e as cores?
Os romanos falaban da importancia de comer eses cereais nesa orde para unha mellor dixestión.
Hoxe é...
MÉRCORES
Día: 3
Día: 3
Planeta: MERCURIO
Cereal: MIJO
Cor: AMARELA
Pois hoxe imos falar das MATEMÁTICAS!
Porque son moi importantes!
As operacións matemáticas, os números, as formas, a xeometría, a probabilidade, a medida...están en todas partes:
As operacións matemáticas, os números, as formas, a xeometría, a probabilidade, a medida...están en todas partes:
NA NATUREZA
- Nos animais: patas, antenas, as, ollos, orellas. Nos km que recorren, no que miden, nas crías que teñen...
Poñamos un exemplo!
Poñamos un exemplo!
1 CABEZA
1 NARIZ
2 OLLOS
2 ORELLAS
4 PATAS
1 COLA
- Nas plantas: árbores, flores, sementes...
-No noso corpo: talla, altura, peso, número de calzado...
NA ARTE
- Formas, figuras, columnas...nas pinturas, esculturas, edificios...ou na música, na danza...
NOS XOGOS
- Parchís
- Damas
- Xadrez
- Tres en raia
- Bingo
NO CALENDARIO
- Nos días da semana: 7
- Nos números dos días do mes: 31
- Nos meses: 12
- Nos anos: 2020
- Nas datas importantes: canto falta para...
NA CASA
- Na cociña: graos para cociñar no forno, nevera, conxelador, nas etiquetas dos alimentos...
- No salón: na televisión, nos mandos, no reloxo de parede...
- No baño: a báscula, as toallas para cada un, as etiquetas dos botes de xabrón...
- Na habitación: a medida das sábanas da cama, as ventás, a porta...
NA RÚA
- Sinais de tráfico
- Horarios de aparcamento
- Tarifas dos parking
- Horarios dos autobuses, trens...
- Matrículas dos coches, motos, camións...
- Nos supermercados, tendas...
- Nos restaurantes, cafeterías...
- Nas librarías...
NOS DOCUMENTOS IMPORTANTES
- No DNI
- Na tarxeta sanitaria
- No pasaporte
- Nas tarxetas de crédito...
NAS COMUNICACIÓNS
- No teléfono fixo
- No teléfono móvil
- No ordenador
- Na tablet
- Nos letreiros
- Nos xornais, revistas...
Como vedes os conceptos matemáticos están na nosa vida en todas as cousas que nos rodean e son moi importantes!
A proposta que vos fago hoxe é a seguinte!
Que busquedes eses conceptos de medida, cálculo, numeración, xeometría...nas cousas que vos rodean, que visitades...e que nos contedes a todos e todas para qué serven a través dun debuxo libre, dunha foto, dun vídeo...
A ver se sabedes cantas patas ten o meu can FRODO...jejeje
Hoxe como é mércores vos traio noticias da profe Marisol!
Nos propón que sembremos bicos e máis bicos para que cando nos vexamos os repartamos! Para ti tamén, Marisol!
Pois esto é todo por hoxe!
Lembrade visitar os demáis blogues do CRA.
Hoxe especialmente o da Biblioteca e o de Educación Física, seguro que o pasades fenomenal!
Ata mañá!
Nos propón que sembremos bicos e máis bicos para que cando nos vexamos os repartamos! Para ti tamén, Marisol!
Pois esto é todo por hoxe!
Lembrade visitar os demáis blogues do CRA.
Hoxe especialmente o da Biblioteca e o de Educación Física, seguro que o pasades fenomenal!
Ata mañá!
No hay comentarios:
Publicar un comentario