02 junio 2020

MINÚSCULOS E MINÚSCULAS II: AS BOLBORETAS

Ola chicos e chicas de Carrio!
Hoxe retomamos o tema sobre os insectos!


A min me gustan tanto que os pinto en trozos de madeira e adornan o meu xardín!


Como xa víchedes no conto de ALAS e vivenciáchedes coa experiencia das Vanesa Cardui o curso pasado, os vermes (gusanos) teñen que pasar por un proceso de cambio para poder ser bolboretas.


Nesta estación que estamos, a primavera, seguramente que nos vosos xardíns, hortas ou parques que visitades vedes un montón de diferentes cores. Para que estén felices tedes que plantar moitas flores!
Mirade como está libando esta bolboreta!


Aquí vos amoso como son os vermes do repolo! Se vedes bolboretas de cor amarelo clariño, esas son!



Son fermosísimas! É o meu insecto favorito!
Mirade que poster tan chulo teño gardado para colgar na escola!

Pois falando destes insectos tan vistosos, hai unha historia moi, moi fermosa que fala sobre elas. "La oruga verde" de Sally Cutting. Vos deixo aquí o conto para que o disfrutedes.


Aquí vos deixo unha rima de dedos chulísima da gran Tamara Chubarosvky!
 A ver se a aprendedes!

Hay unha actividade moi chula para coñecer o ciclo das bolboretas. Precisades pasta de diferentes tipos. E incluso secar pétalos de flores, prensalos e xa teredes aaas de bolboreta! Podedes crear tantas como queirades, numeralas, poñerlles nome...

Mirade!

Se queredes podedes xogar a crealas virtualmente e elas mesmas comezan a voar.Premede na imaxe!

Pero se vos apetece facer unhas chulísimas bolboretas, vos deixo duas ideas!
Bolboretas con ceras

 Bolboretas con rollos de papel, preme na imaxe!

E xa para rematar vos deixo unha sesión de Yogic relacionada co tema! Sei que vos gusta moito porque xa a fixemos na escola nos cursos pasados!A disfrutala!



Pero non podo esquecerme de felicitar a unha nena moi guapa que está hoxe de aniversario, Paula!!
Parabens bonita!!


Isto é todo por hoxe!
Lembrade visitar os demáis blogues do CRA.
Hoxe especialmente o de Música por ser martes, seguro que María puxo actividades moi chulas!
Ata mañá!

No hay comentarios: