10 junio 2020

UN CROCODILO DO NILO!

Ola chicos e chicas de Carrio!
Qué tal vai a semana?
Hoxe vos traio este "conto cantado"! 
Espero que vos guste moito!

Eu estou alucinando porque antonte escoitei
 que falan de que hai un crocodilo nas augas do río Pisuerga, que pasa por Valladolid cando se une ao río Douro!

Ao mellor é o crocodilo do que fala Tamara Chubarovsky nesta rima!
A ver se a aprendedes!



Din varias persoas que o viron, que pode ser do río Nilo, en Exipto!
Coma este!!


Están os expertos científicos investigando se hai pegadas, uns supostos restos de peixes que debeu comer e incluso o seu niño!

Valladolid: El cocodrilo del río Pisuerga sería en realidad una nutria

Pero...moitos deses expertos están a dicir que NON... que de crocodilo nada de nada! Que o que viron esas persoas nadando tan contenta polo río é unha LONTRA!!




Eu penso que tamén puido ser unha lontra que estaría pescando ou mesmo de paseo!

Pois a ver se saímos de dúbidas, verdade?
Eu non me imaxino no río Mandeo que pasa por Betanzos ver un crocodilo!
 Vos imaxinades?

E vos sabedes que os cocodrilos 
son familiares dos dinosaurios? Levan máis de 200 millóns de anos na Terra.

A vos os dinosaurios vos gustan moitísimo!
Aquí tedes o abecedario cantado en English! Se tedes dúbidas preguntade á teacher Cova hahaha!

No Antiguo Exipto eran venerados e incluso momificados para enterralos en tumbas sagradas porque pensaban que eran protectores e poderosos. 

Aquí tedes un momificado. 
Esta foto a saquei dentro dun templo exipcio.


 Había incluso un deus, SOBEK con cabeza de crocodilo!

Hai uns cantos aniños, estuveron a punto de desaparecer porque os cazaban, destruían os seus hábitats, sobre todo pola súa apreciada pel...xa sabemos que moitos humanos matan indiscriminadamente aos animais por deporte, qué mal!

Pois como moitos e moitas xa sabedes a min me gustan moito os animais!
De feito eu de pequena quería ser VETERINARIA! 
Así que neste vídeo vos ensino uns dos animais que son tamén familiares dos crocodilos, a ver qué vos parece! 



Aquí as tedes!!
A miña cadela NADA aproveita cando lle botamos de comer para 
zamparse ela a súa comida!
Qué lambona!

E vos, tedes animais? 
Eu xa sei que moitos e moitas sí.

Pois vos vou facer unha proposta de traballo de investigación de chicos e chicas super exploradores!

Me gustaría que nos ensinárades a todos os vosos animais. Se non tedes non pasa nada porque nos podedes contar cales son os vosos favoritos e cales vos gustaría ter.

As entradas no blogue deste VENRES, do LUNS e do MARTES serán feitas polas vosas aportacións. Pode ser un debuxo, 
unha foto, un pequeno vídeo para 
contarnos varias cousas!
E os seguintes datos!

Os que SÍ tedes animais:
1. Nome do voso animal ou animais: por qué se chama así? Quen lle puxo o nome?
2. Especie: can, gato, tartaruga, porco...
3. Idade, sabes cando é o seu aniversario?
4. Comida favorita
5. Algunha característica: sabe dar a pata, xoga co balón, enterra cousas, escapa...

Os que NON tedes animais:
1.Qué animal che gusta máis? Por qué?
2. Te gustaría ter un animal? Cal ou cales?
3. Qué nome lle poñerías?
4. Qué lle darías de comer?
5. A qué xogarías con él?

Aquí o tedes para imprimir!

Tamén vos deixo os imprimibles do conto cantado CROCODILO por se os queredes imprimir, recortar e xogar a cantalo vos. Ou tamén numerar e escribir todos os personaxes da historia. Se cadra preferides inventar outra historia vos...adiante!

E hoxe como é mércores viría a profe Marisol que hoxe nos sauda cunha canción moi chuli! Ola Marisol!


Pois esto é todo por hoxe!

Lembrade visitar os demáis blogues do CRA, especialmente hoxe o da Biblioteca e o de Educación Física, seguro que hai propostas moi divertidas!
Ata mañá!

No hay comentarios: