27 mayo 2020

PORQUE ESTO É ÁFRICA!

Ola chicos e chicas de Carrio!
Xa chegamos ao MÉRCORES!

Este pasado luns 25 de maio se festexou o DÍA DE ÁFRICA!

África é un continente maravilloso!
Alí naceu a nosa amiga Olga, nun país chulísimo que se chama Etiopía.
Nos manda este vídeo para que o coñezamos mellor! Grazas Olga!



Ademáis, África é a terra nai de moitos animais que conviven en diferentes lugares. É maravilloso velos libres!

Se queredes investigar sobre algúns dos animais máis coñecidos premede enriba desta imaxe!

Tamén podedes ver algunha cámara en directo para ver se sale algún! Se verán grabacións como estas pero en vivo!! 
Para ver máis cámaras preme AQUÍ.

Aquí tedes a un dos máis rápidos! 
Este vídeo vos encanta!

Ademáis de haber moitísimos animais fermosos tamén hai infinidade de razas dependendo do país. Mirade qué fotos máis chulas de papás e mamás africanos!


A canción que escoitádeches é dun país que se chama GHANA e leva por título KOKOLEOKO. A profe María hai algúns aniños a grabou no CRA nun proxecto que traballamos relacionado con África. Queredes aprendela? Aí vai!
Vos deixo tamén o enlace á entrada que fixo no seu blogue!

O significado é algo así como:
El gallo canta, mamá, debemos levantarnos, mamá mamá, el gallo canta.



Nalgunhas zonas de África é moi común contar lendas do deserto. Alí hai un pobo que tuvo que marchar do Sáhara Occidental, que é un gran deserto con oasis e ríos con moita auga para as persoas, animais, plantas e onde tamén hai mar, o Océano Atlántico, son os SAHARAUIS.
Neste conto unha nena chamada Irene vos conta moitas cousas sobre o pobo saharaui e ademáis nos contan tres lendas! Premede enriba da imaxe, podedes gardalo para velo en moitos días!




Pero ademáis a natureza é unha pasada! Mirade que árbores tan xeniais! Son xigantes!! Sabedes como se chaman? Seguro que sí! Medraban no asteroide do Principito!! 
Se chaman BAOBABS e os hai nun lugar chamado MADAGASCAR!

Como a peli!

Pero en África tamén hai auga, porque teñen moitos ríos, un dos máis coñecidos se chama RÍO NILO, e baña a terra de varios países africanos, nada máis e nada menos que 10!
Eu hai 12 anos estuven bañándome no Río Nilo ao seu paso por EXIPTO!


Tamén hai unhas cataratas impresionantes entre os países de ZAMBIA e ZIMBABUE, as CATARATAS VICTORIA!



Pero se alguén sabe de África é o noso amigo Jaime que veu hai dous anos á escola contarnos moitas cousas sobre a súa incrible viaxe a SUDÁFRICA, NAMIBIA, BOTSUANA, ZAMBIA...
Queredes volver a velo? 
Tamén estaba a nosa querida Livia!
 Te queremos!
Premede na foto!

Contádeme qué foi o que máis vos gustou sobre todo o que víchedes de África! Podedes facer un debuxo ou inventar unha canción!

Se preferides xogar AQUÍ e AQUÍ 
E imprimir debuxos para colorear AQUÍ.

Pero non me podo esquecer que hoxe tamén traio noticias da profe Marisol!
Mirade qué guapa nesta foto! 
Estaba vestida nada máis e nada menos que co "sari" traxe típico hindú( hai agora 8 anos) cando fixemos un proxecto sobre a India na escola! Se é que ...a India e Carrio... están predestinados dende sempre!!!

 A que a botades tamén moito de menos?
Pois teño un regaliño da súa parte.



Me di que vos recomenda esta peli.Trata da importancia de aceptarnos tal e como somos tanto aos demáis como a un mesmo, fomentando así o valor da amizade sen ter en conta as diferencias.
Se queredes ver a peli premede AQUÍ
Despois de vela, se queredes podedes colorear a Copito, elixe o debuxo que máis che guste premendo AQUÍ.
Grazas Marisol!!

Lembrade visitar os demáis blogues do CRA!
Hoxe especialmente o da Biblioteca e o de Educación Física, seguro que vos divertides e aprendedes moito!

Ata mañá!


No hay comentarios: