Entre as espectaculares viaxes que fixo quixo compartir connosco unha moi especial ao continente africano contándonos a ruta do Okavango.
Sudáfrica, Namibia, Botsuana, Zambia...son algúns dos países que visitou nesta aventura.
Falounos de Nelson Mandela, activista e político que loitou polos dereitos humanos e foi unha persoa importante na historia de África.
Tamén nos contou varias costumes de duas tribus importantes africanas como son os himba e os bosquimanos.
O deserto de Namibia é espectacular!
E alucinamos cos animais tan fermosos que puido contemplar, libres e salvaxes, como debería de ser sempre.
Ata estuvo en lugares onde hai tiburóns e pingüins!
Moitísimas grazas Jimmy, pasámolo xenial contigo e aprendimos un montonazo!!
2 comentarios:
Fue un día muy especial...muchas gracias por dejarme participar!
Gracias a ti, Jaime!! Cuando quieras volver...allí te esperaremos!!!
Publicar un comentario