28 abril 2020

PINTURA EN 3D!!

Bo día a tod@s!!!

Hoxe comezamos cun pouco de música moi especial. Pinchade na imaxe e veredes como a profe María vos ensina unha canción chulísima de primavera que se chama "bolboretinha".





Para facer xuntos na casa e divertirvos un rato, vos deixo unha receta moi especial. Con ela podedes facer un DEBUXO EN 3D!!!!Quedan xenial e seguro que o pasades moi ben creando os vosos propios debuxos.

Os ingredientes que precisades son:

-3 culleres grandes de fariña.
-3 culleres grandes de sal.
-1 culler pequena de fermento (levadura).
-9 culleres grandes de auga.
-Témperas de cores ou colorantes alimentarios.
-Folio, cartulina ou cartón.

Pasos a seguir para facelos:

-Primeiro mesturamos a fariña, o sal, o fermento e a auga.

-Despois dividimos a mestura anterior en vasos ou recipientes pequenos e mesturamos coas témperas ou colorantes que teñamos.

-Pintamos coa nosa masa fluída de cores nun folio, cartulina ou cartón que teñamos por casa.

-Por último quentamos o noso debuxo no microondas durante 30 segundos.

Aquí tedes algunhas imaxes de como quedarán os nosos debuxos en 3D.



Animádevos!!!Xa veredes que quedan moi chulos!!!

Por se queredes traballar un pouquiño en papel vos deixo as fichas relacionadas con estes debuxos en 3D. A primeira é para as nenas e nenos de 3 anos.



Para rematar, aquí tedes o conto para ver en familia. Hoxe escollín " Corre, corre cabaciña", un conto que xa vimos na escola e nos gutara moito. Deixo o video do conto e a versión coa súa canción para que escollades cal preferides.







E por se vos apetece, tamén vos deixo un puzzle cunha imaxe da protagonista do conto!!




Moito ánimo, que xa queda menos para volver á normalidade. Un abrazo moi forte para tod@s!!!



No hay comentarios: