23 septiembre 2021

O FAIADO DA FAMILIA TROTAMUNDOS

 Este curso imos levar a cabo un proxecto anual conxunto a todo o CRA que este ano se basa nun libro de Manos Unidas titulado "El desván del abuelo Trotamundos y su divertida familia"

Na escola de Carrio partimos de Bergondo, onde localizamos de modo ficticio a vivenda que pertenceu á familia Trotamundos. A casa ten un faiado onde hai un montonazo de bauis cheos de cousas antigas que pertenceron a esa familia. Un deses bauis mo deixa coller a neta do Señor Trotamundos, que afortunadamente está ás veces por Bergondo ainda que ela vive fóra, no estranxeiro...pertence ao seu avó, Edmundo Fiz Trotamundos.

 Partiremos de moitas cousas que hai dentro dese baúl para investigar e coñecer aspectos de moitas temáticas interesantes...pero haberá máis sorpresas, máis bauis.


🛳🛳🛳🛳🛳🛳🛳🛳🛳🛳🛳🛳🛳🛳🛳🛳🛳🛳🛳🛳🛳🛳🛳🛳🛳🛳🛳🛳
O caso é que o avó, Edmundo, tamén vivíu en Sada. A súa familia era sadense e como todos e todas sabemos, é un lugar de tradición mariñeira moi arraigada...cantas tardes pasou o avó sendo un rapaz vendo como marchaban e voltaban os barcos con peixe, mercancías...e él soñando... con poder embarcar algún día...

Ese soño faise realidade e cos anos...saca a licencia de navegación na Escola Náutica de Sada e viaxa nun barco de investigación sobre a contaminación nos mares!! Nada máis e nada menos que no Rainbow Warrior!!!! Veremos cantos portos importantes europeos visita, qué instrumentos de navegación empregaba...

No hay comentarios: