Na escola é un clásico que falemos sobre as árbores máis típicas da nosa terriña, entre as que se atopa o fermoso carballo.
Anxo Moure, é un escritor, contacontos e ecopacifista de Chantada que coas suas divertidas historias amosa que a natureza é o noso mellor tesouro e temos que protexela.
Imaxe: La voz de Galicia
Imaxe: pinterest
Neste libro "O carballo con botas" puidemos atopar unha narración que fai que todos e todas queiramos ter o noso propio carballo con botas e encher os bosques destas árbores tan agradecidas.
Así que non se diga máis! As familias colaboraron coma sempre de forma exquisita aportando esas botiñas para encher de carballos a escola de Carrio. Grazas, familias!
No hay comentarios:
Publicar un comentario