Ola a todos e todas!
Un novo curso comeza na escola de Carrio, no CRA de Bergondo.
Este inicio é algo distinto a outras veces xa que temos que cumprir normas de seguridade e hixiene estrictas debido ao Covid 19 pero tampouco desatendemos unha parte importante do noso desenvolvemento, a parte emocional. Foron moitos meses sen escola, sen amigos...os nenos e nenas foron uns valientes e merecen o mellor. Están a facelo moi ben!
Abrimos un cachiño da nosa escola para que vexades cantas cousas levamos feitas estes primeiros días.
Iremos contando experiencias, estade atentos e atentas!
A nosa escola está dividida en ambientes de aprendizaxe polos que van pasando os subgrupos de 4 nenos e nenas.
Aquí volos ensinamos.
AMBIENTE ARTÍSTICO
AMBIENTE LIBROS-TÍTERES-TEATRO
AMBIENTE MATEMÁTICO E LINGÜÍSTICO
AMBIENTE SENSORIAL E EXPERIMENTAL
Ata outro día!
2 comentarios:
No me extraña de que vayan tan contentos!!Hasta me entran ganas de ir a mi!! !Jejeje
Gracias por tu trabajo!!
Jejeje a verdade é que o pasamos todos e todas moi ben! Graciñas por comentar, Belén! :-)
Publicar un comentario