Bos días chicos e chicas de Carrio!
Xa chegamos ao xoves!
Pois hoxe a cousa vai de luces e sombras!
Sei que vos gusta moito xogar coa luz, na escola o facíamos coa mesa de luz, o retroproxector e linternas por iso teño unha historia moi fermosa feita con sombras.
Se chama ALAS.
Víchedes que para poder conseguir os soños ás veces costa un pouco, verdade? Pero a eiruga non se rendiu e conseguiu converterse en bolboreta!
Queredes voar vos tamén? Que vos fagan unhas as! Soamente tedes que recoller flores e plantas silvestres! Xa sodes uns expertos!
Aquí tedes o conto en versión teatro de sombras para que disfrutedes a pantalla completa cando teñades ganas e tempo!
Pois vos propoño que poidades facer tamén vos unha historia de luces e sombras e para iso vos deixo AQUÍ e AQUÍ unhas plantillas que de modo desinteresado Alexandra Eseverri, unha das fundadoras de Asombras, deixa como recurso na súa páxina.
Para que vos guiedes e con axuda da vosa familia aquí tedes un vídeo no que explican moi ben cómo facelo. Para conseguir as sombras precisades un flexo ou linterna.
Pero...se queredes ter a vosa propia caixa de luz...podemos facelo tamén coa axuda dos adultos!
Hai infinidade de páxinas con ideas e eu hoxe vos propoño a "versión caseira" para non ter que complicarnos moito, se tedes unha caixa transparente, papel de forno, papel aluminio e luces de nadal blancas...listo! Pero se queredes atrevervos con outras formas...premede enriba da imaxe para ver 9 máis!
Pero se por calquera cousa non podedes facer a caixa de luz, hai máis formas de xogar con ela.
Vos deixo unha proposta ben chuli para facer con pinzas de madeira da roupa e papel celofan de cores. O ideal é que ese papel quede ríxido, duro...plastificalo sería a mellor opción, senón con forro de libros tamén serve. Quedaría algo así! Agora soamente toca xogar coa luz natural ou con linternas ou flexos.
Contádeme qué tal!
Lembrade visitar os demáis blogues do CRA!
Especialmente hoxe o de English e o de Audición e Linguaxe porque é xoves, seguro que hai propostas chulísimas!
Ata mañá!
No hay comentarios:
Publicar un comentario