É venres e rematamos outra semana, así que xa queda unha semana menos para volvernos a ver!!!
Hoxe é día de Ed. Física, así que animádevos e entrade no blogue do profe Ricardo alí tedes moitas ideas para mover o corpo en familia!!!
Para relaxarnos un pouco e pasalo ben vos propoño facer unhas flores de primavera con diferentes materiais. Aquí tedes unhas imaxes como exemplo.
E aquí tedes un video para facer unhas flores de papel sinxelas. Se non tedes folios de cores vale un calqueira coloreado polos nen@s ou calquer papel de revista ou periódico que teñades por casa.Animádevos e enchede todo de flores!!!
Por se alguén quere facer un traballiño en papel deixo unha fichiña sobre a primavera para decorala e contar os animais que aparecen. Os nenos de tres pode decorala e facer o conteo dos animais que aparecen.
E como todos os días, alí vai o conto para ver en familia.Hoxe toca un conto que me encanta "Nadarín", espero que vos guste moito!!
Boa fin de semana a tod@s!!! un abrazo moi forte!!!e moito ánimo, que xa queda menos!!
2 comentarios:
Grazas Leticia, estás facendo un xenial traballo!!
Ánimo a todas e todos!
Muchas gracias!!! Ojalá os sirva para hacer esto un poquito más fácil!! Contar conmigo para lo que necesiteis!!
Publicar un comentario