25 febrero 2018

MARTIN AND STARSKY EN CARRIO

No pasado mes de xaneiro tivemos a gran sorte de contar coa visita de Martin Hutchinson e o seu xenial amigo Starsky.

Martin é un activista medioambiental que está a percorrer o mundo concienciando a todas e todos do peligro que representan os plásticos e a contaminación nas nosas costas. O acompaña Starsky, un canciño adoptado en Portugal e que nos axuda a comprender mellor a importancia do respecto e amor pola natureza, os animais... Ademáis él mesmo adica todo o seu tempo en limpar as praias e outros lugares que por desgracia seguen a estar cheos de basura pese ao que iso conleva para a nosa saude e a do planeta.

Moitas grazas primeiro de todo a  "Frida" e Markus Hoffman polo descubrimento. Do mesmo xeito moi agradecida ás familias da escola que colaboraron en todo momento(Gabriela, Mónica, Begoña...) e sobre todo á familia de Martiño que o aloxou no seu fogar todos eses días. Grazas a Cova, teacher, pola axuda e tempo desinteresados e a Carla, que veu a pasar o seu día alí conosco e axudarme tanto coma fixo nos anteriores meses. Grazas a Laura Lizancos por achegarse a compartir connosco un ratiño tamén.

E por suposto grazas a ti Martin, grazas a ti Starsky. Ata outra!
Preme enriba da imaxe para ver máis fotos!

1 comentario:

MARTIN HUTCHINSON dijo...

Thank all for a wounderful time love Starsky & Hutch