10 enero 2022

VENRES EN FAMILIA

 Na nosa escola durante moitos cursos fixemos obradoiros coa colaboración e participación das familias que así o desexaran. Era xenial poder contar coa vosa presencia!!

Levamos varios cursos sen poder facelos. Este curso quixen retomar estes obradoiros pero cumplindo coas medidas que dende a Consellería anunciaron no protocolo Covid.

No primeiro trimestre fixemos 5 obradoiros que foron ou ben propostos pola familia que ese día viñera ou pola escola.

Aquí tedes o resumo, gracias familias, sempre é moi divertido contar coa vosa axuda!

CONTACONTOS COCORICO, FAMILIA DE ANXO





PLANTAMOS TULIPANES, FAMILIA DE LUCAS




YOGA, FAMILIA DE URIEL





EXPERIMENTACIÓN SENSORIAL, FAMILIA DE NEREA E BRAIS





REUTILIZAMOS COA NATUREZA, FAMILIA DE ASIA





20 diciembre 2021

E CHEGOU O NADAL

 E despois de varias semanas de aprendizaxes emocionantes sobre cada Reino do Advento , chegamos á derradeira semana, a do Reino Humano.


Nestes días fixemos un exercicio moi grande de comprender o que somos capaces de facer os humanos: compartir, perdoar, querer, protexer...

Ademáis elaboramos con moita creatividade  unhas postais para participar nun concurso do Concello de Bergondo e tamén felicitar o Nadal dende o noso CRA cunha creación de cada escola.




Tamén recibimos a visita dos Reis Magos!!



Por suposto, non nos esquecimos do noso querido Apalpador e axudanta, que este curso non puideron visitarnos, desexamos que para o vindeiro ano todo sexa mellor!

Cantamos a canción que nos ensinou a profe María nas clases de Música!


E fixemos as nosas carpetas para levar os traballos para casa!



19 diciembre 2021

ANIVERSARIO SARA

 PARABENS SARA!! FELIZ VIDA!



12 diciembre 2021

ADVENTO: O REINO ANIMAL

E chegamos á Terceira Semana de Advento, a medio camiño cara o Nadal.



Estivemos a facer un importante traballo interior, dirixindo o noso ser cara ao amor e o respeto aos demáis seres, como son os animais.  Fainos grandes de corazón respectalos, coidalos e protexelos.

Fonte: creciendosinprisaenfamilia

05 diciembre 2021

ADVENTO: O REINO VEXETAL

Chegou a Segunda Semana de Advento, e nas casas xa brilan as luces nos abetos e estamos de cheo metidos na Nadal.


Fonte: creciendosinprisaenfamilia



Esta semana está dedicada a honrar ao Reino Vexetal no que podemos aprender cualidades como a flexibilidade e a espera que teñen as plantas entre outras cousas.


04 diciembre 2021

ANIVERSARIO ADRIÁN

 PARABENS ADRI!! FELIZ VIDA!!





28 noviembre 2021

ADVENTO: REINO MINERAL

O día 28 de novembro  comezou a Primeira semana de Advento.


 Son 4 semanas de conta atrás nas que aprendimos unha serie de valores relacionados con moitos aspectos emocionais

Para os nenos e nenas, é unha época máxica, que inaugura o Nadal, pero tamén de espera e expectación antes da súa chegada.

Cada día da semana abriron con emoción a sorpresa do calendario, sempre relacionada co reino que estiveramos a traballar.

Esta primeira semana de Advento está adicada ao Reino Mineral, que nos brinda a oportunidade de traballar algunhas boas calidades como a paciencia, a forza de vontade e a constancia.



Fonte: Creciendosinprisaenfamilia

Nós decidimos facer unha serie de actividades relacionadas con este Reino Mineral. Xa pido desculpas pola montaxe do vídeo...jejeje a marca de auga non a sei sacar por máis que investiguei.






25 noviembre 2021

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE GÉNERO

O día 25 de novembro aprendimos que tanto os nenos coma as nenas son iguais, poden ser o que se propoñan porque o importante é vivir en igualdade.

Dende o blogue de Convivencia, a profe María, propuxo unha serie de recursos para traballar na aula así como unha canción nas clases de Música que precisamente fala da importancia de coidarnos os uns aos outros/as e das nosas capacidades.





23 noviembre 2021

ANIVERSARIO BRAIS E NEREA

 PAREBENS NEREA E BRAIS!! FELIZ VIDA!



22 noviembre 2021

ANIVERSARIO MATEO

 PARABENS MATEO!! FELIZ VIDA!!



DÍA DA INFANCIA

 O pasado 20 de novembro festexamos nas escolas o día da Infancia.

No blogue de Convivencia, a profe María nos deixou algúns recursos pero o que máis nos gustou foi a frase tan bonita

 dun pedagogo ademáis de músico, filósofo e naturalista do que fixemos as nosas propias interpretacións con moita creatividade!

 Jean- Jacques Rousseau

" lo que uno ama en la infancia se queda en el corazón para siempre"

Que así sexa!! Feliz día da Infancia!



15 noviembre 2021

ANIVERSARIO XOEL

 PARABENS XOEL! FELIZ VIDA!


11 noviembre 2021

MAGOSTO

 Ainda que non puidemos festexar o Magosto como nos gustaría, intentamos ter presente un cachiño desta tradición tan arraigada a nós.

Que viva o Magosto!




FESTA DO FAROL

Agora que os días de luz van a menos e que imos á parte escura do ano, queremos seguir mantendo esa luz interior que todos temos dentro e por iso o día 11 de novembro fixemos na escola a festa do farol.

Tivemos a visita de Raquel, a mamá de Sara, que quixo acompañarnos nesta festa tan especial. Grazas, Raquel!

Aquí tedes un resumo do especial que foi todo!

Grazas a todas as familias por levar esas luces iluminando os corazóns de todos os nenos e nenas!








29 octubre 2021

SAMHAIN- SAMAÍN

 E chegamos a un dos momentos máis máxicos do ano...o Samhain.

O día 31 de outubro festexamos esta data para conmemorar o fin do verán. O noso Samaín provén dos nosos antepasados celtas. Os pobos celtas dominaron a maior parte do oeste e o centro de Europa durante o primeiro milenio antes de Cristo.

Eran uns pobos moi afoutos e guerreiros que, coa chegada desta noite máxica, celebraban unha gran festa para conmemorar o final da colleita e do verán, e dar a benvida ao Novo Ano Celta.

Era tempo de gardar provisións para o inverno. Os días ían ser máis curtos e as noites máis longas. Deste modo tallaban cabazas nas que metían candeas para dar luz esa noite.

Así quixemos facer na Escola de Carrio! Coñecer aspectos relacionados con esta festividade a través da experimentación e a vivenciación con cabazas e outras cousaaaaaaaas!! Arggg!

Ademáis viñemos moi elegantes para a ocasión...

Compartimos o último día con Ángeles, a mamá de Mateo, que veu a pasar a mañá con nós. Grazas por acompañarnos!

Aquí tedes un resumo!