12 junio 2020

HERBAS HERBIÑAS

Ola chicos e chicas de Carrio!
Chegamos ao venres! Como vos foi a semana?

Estamos xa na recta final do curso, pero este ano por culpa do COVID-19 non poderemos facer festa de despedida. Non vos preocupedes, chicos e chicas maiores...

A verdadeira amizade perdurará no tempo, non queremos ese tipo de despedida!
E estou segura que a despedida da Escola de Carrio chegará finalmente!

 Mentres farémola de modo virtual!

ANTÓN-MIRIAM-ALEX-IAGO
OLGA-MANUEL-XABI-GALILEA

Lembrades esta foto? A sacamos o curso pasado no festexo que fixemos do ritual das herbas de San Xoan.

Que vos parece se poñemos un pequeno vídeo para que vexan os pequeniños como o fixemos? Tamén saen os medianos!
Fixéchedelo moi ben!!


No mes de xuño festexamos o solsticio de verán co cambio estacional.

A tarde anterior á noite meiga ou noite de San Xoan, a xente sae na procura das herbas milagreiras ou herbas máxicas para facer 
a Auga de San Xoan, deixándoas á luz da lúa esa noite.
Queredes saber cales son as 7 herbas milagreiras? 
No CRA xa hai uns anos fixemos este libro informativo que temos na escola pero que por sorte agora poderedes ollar! 



Moitas veces tamén empregamos unhas herbas que se chaman aromáticas ou medicinais para darlle mellor 
olor a esa auga. 
Queredes saber as que teño na miña casa?

Xa me contaredes se tedes algunha herba aromática na vosa casa!
Senón sempre as podedes plantar con axuda da vosa familia!
Aquí tedes un conto moi "semilloso"!


Acertáchedes a que temos na escola? 
É o...
ROMEU!
 Canto xogades con ela a facer pócimas nos recreos, qué ben o pasades! 
Alí está esperándonos!
Para o curso que ven voltaremos a ter a horta tan fermosa como hai un curso!

Pois a proposta que vos fago para esta fin de semana é que busquedes (se o tempo o permite) algunha desas herbas máxicas ou incluso aromáticas e fagades un 
CONXURO MÁXICO DE BOS DESEXOS.

Con esas herbas que atopedes debedes facer un ramiño, atalo coa axuda dun maior e 
nun papel escribir o voso desexo ou debuxalo e colgarllo a ese ramiño. Ese ramiño o tedes que colgar cara abaixo nun lugar 
escuro e seco para secalo. 

Podedes sacarlle unha foto ou facer un debuxo escribindo qué herbas ten, para ensinárnolo.
Espero que todos os vosos desexos se fagan realidade!

Aquí vos deixo o vídeo coas fotos do ben que o pasáchedes a semana pasada!
 Bo traballo chicos e chicas de Carrio!
Non podo estar máis orguiosa de 
todos e todas vos!

Lembrade que a semana que ven adicaremos as entradas do luns e martes a falar dos animais que tedes e vos gustan. Xa estou recibindo moitas cousas de moitos e moitas de vos!

Isto é todo por hoxe!
Lembrade visitar os demáis blogues do CRA, especialmente o de Educación Física xa que hoxe é venres.

Que pasedes unha feliz fin de semana!

No hay comentarios: