Mostrando entradas con la etiqueta ANTROIDO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ANTROIDO. Mostrar todas las entradas

25 febrero 2018

ANTROIDO 2018

As escolas do CRA de Bergondo este curso estuveron invadidas por romanas e romanos ben preparados!
Cada día tiñamos que levar un complemento relacionado con proxecto que estamos a desenvolver!
Aquí tedes o resultado!










Tamén fixemos un obradoiro de máscaras do Antroido galego coa axuda das familias. Pasámolo xenial e quedaron moi, moi ben! Grazas por todo familias de Carrio!!!

Preme enriba desta foto para ver máis imaxes do obradoiro!

09 marzo 2015

ANTROIDO GALEGO: PELIQUEIROS, BOTEIROS, PANTALLAS, VERGALLEIROS...GALICIA CALIDADE!!

Click to play this Smilebox slideshow
Este curso no CRA de Bergondo quixemos ter un Antroido 100% galego! Visitounos nas escolas unha boteiro de Viana do Bolo coa profe Dolores, tivemos a sorte de ver as máscaras de peliqueiro de Laza, de pantalla de Xinzo de Limia e de Vergalleiro de Sarreaus, grazas aos profes Isa e Ricardo.

Lola fixo unha viaxe xenial para coñecer as máscaras de primeira man!!




Ademáis quixemos elaborar a nosa propia máscara de peliqueiro e contamos coa axuda das familias e de varios profes do cole.


A todo isto...non podíamos deixar de lado ao noso querido mar e fixemos sombreiros de faro e de pirata. 


O último día tivemos unha festa rachada na escola e molou moito porque viñemos todos e todas disfrazados de cousas relacionadas co mundo mariño. Grazas ás familias pola vosa implicación!



Click to play this Smilebox slideshow

06 marzo 2014

PELIQUEIROS DE CARRIO

Dende hai uns días estamos a traballar na clase a provincia de OURENSE dentro do proxecto sobre GALICIA que estamos a levar a cabo na nosa aula.





Aproveitando que a tradición do ENTROIDO é algo moi significativo e arraigado a moitos dos lugares máis coñecidos desa provincia (entre outras) e tamén como coa profe Dolores estuveron traballando aspectos relacionados co tema, quixemos aventurarnos nunha actividade moi motivadora e creativa: convertirnos en PELIQUEIROS creando as máscaras típicas do seu traxe.
O proceso durou varios días pero ao ver o resultado...valeu a pena! Pasámolo moi ben e sobre todo...hai que valorar o esforzo que puxemos todos e todas, incluidas as persoas colaboradoras! Grazas!
    
                         Click to play this Smilebox slideshow
Aquí como comezamos facendo as máscaras.

Click to play this Smilebox slideshow

Nestoutro como as pintamos e decoramos!

E aquí...o resultado!