Mostrando entradas con la etiqueta VISITAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta VISITAS. Mostrar todas las entradas

13 enero 2019

VISITA DOS AMIGOS DE ASPADISOL

O trimestre pasado tivemos a visita dos amigos de ASPADISOL. Estes chicos e Javi, o seu monitor, se encargan do mantemento do xardín da escola e tiveron o gran detalle de arranxar a nosa horta cando estaba destrozada.
Quixemos convidalos a merendar, nos contaron un conto entre todos e finalmente estuvemos no patio compartindo xogos con eles.
Moitas grazas por axudarnos e pasar o voso rato connosco!


Preme enriba da imaxe para ver máis fotos!

14 octubre 2018

PETITES FLAMES

Aquí estamos cos nosos amigos e amigas da escola de Petites Flames situada en Valencia.

Aproveitando que estuveron facendo turismo por Galicia e coñecían á familia de Martiño, quixeron facer unha visita á nosa escola e falar sobre a posibilidade de escribirnos por carta para contar cousas que facemos nas duas escolas.
Aquí está a primeira carta que recibimos. Prometemos continuar con esta actividade tan chula este curso. De feito nós tamén lles contestamos e eles enviaron xa unha segunda carta, así que nos toca de novo!!
 Encantadas de coñecervos!!

05 octubre 2017

VISITA DENDE GRECIA

A familia de Martiño ten un amigo que é moi aventureiro, valente e sobre todo deportista! Costas, que así se chama, comezou en Grecia unha andaina por moitos países de Europa entre os que se atopa o noso. Él quere chegar ata África pero antes visitou á familia de Martiño para compartir con eles un anaco do seu tempo e contar anécdotas a lo menos peculiares! Moitas grazas por ter visitado a nosa escola e contarnos en inglés como foi a túa emocionante viaxe, Costas! Que teñas un bo camiño ata o teu destino! E graciñas a Gabi e Gino por facer posible esta actividade na escola!

 

17 marzo 2016

FORESTAIS DE BETANZOS

Qué sorte! Tivemos aos Forestais de Betanzos nas escolas do CRA! Ademáis qué guai...viñeron os nenos e nenas de Vixoi coa profe Mónica!
Despois de ver unha peli moi molona e ensinarnos o seu traxe... resulta que trouxeron o camión co que van apagar os incendios e nos deixaron coller a mangueira e disparar con ela auga!!
Moitas grazas por visitarnos e esperemos que non teñades que apagar moitos lumes...temos que coidar os nosos montes!
http://www.smilebox.com/playBlog/4e444d354e5441784e54633d0d0a&blogview=true
 Preme para ver o vídeo coas fotos!

07 febrero 2015

Á BALBINA...NIN MEDIA PALABRA!

Hai xa uns cantos días que viñeron á escola os pais de Álvaro para contarnos moitas cousas sobre as antigas embarcacións que andaban ao patexo e á sardiña pola zona de Sada. Miguel e Ana puxeron moitas ganas e forzas...porque veredes a de cousas que levaron para ensinarnos!

Ademáis de todo o que nos contaron agasalláronnos cunha barquiña de madeira á que tan so lle tiñamos que elexir a vela. Pasámolo moi ben e quedamos en repetir visita con novas aventuras...Qué estará a matinar Miguel para traernos dentro de pouco...de seguro que cousas divertidísimas! Grazas familia! 




Click to play this Smilebox slideshow


26 junio 2012

Protección civil en Carrio

Aquí tedes o vídeo coas fotos da visita de Protección Civil á Escola de Carrio. 
Preme na imaxe e divírtete coa reportaxe!!