Mostrando entradas con la etiqueta DIAS ESPECIAIS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DIAS ESPECIAIS. Mostrar todas las entradas

25 noviembre 2021

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE GÉNERO

O día 25 de novembro aprendimos que tanto os nenos coma as nenas son iguais, poden ser o que se propoñan porque o importante é vivir en igualdade.

Dende o blogue de Convivencia, a profe María, propuxo unha serie de recursos para traballar na aula así como unha canción nas clases de Música que precisamente fala da importancia de coidarnos os uns aos outros/as e das nosas capacidades.





22 noviembre 2021

DÍA DA INFANCIA

 O pasado 20 de novembro festexamos nas escolas o día da Infancia.

No blogue de Convivencia, a profe María nos deixou algúns recursos pero o que máis nos gustou foi a frase tan bonita

 dun pedagogo ademáis de músico, filósofo e naturalista do que fixemos as nosas propias interpretacións con moita creatividade!

 Jean- Jacques Rousseau

" lo que uno ama en la infancia se queda en el corazón para siempre"

Que así sexa!! Feliz día da Infancia!



08 mayo 2016

ESCORNABOTS EN CARRIO

Hai uns días grazas a Victoria e a Markus, os pais de Nuno H. tivemos a sorte de poder achegarnos á robótica de forma divertidísima.
 Aquí tedes o vídeo coas fotos da sesión. 
Preme aquí para velo.
 
Se queredes ter máis info podedes visitar a páxina web.
Graciñas aos colaboradores e sobre todo aos pais de Nuno!


 

11 mayo 2015

OBRADOIROS COAS FAMILIAS!

Xa non queda case nadiña de curso, por iso cos nenos e nenas de 5 anos sempre é divertido realizar obradoiros nos que participen as familias, xa que despois do verán estes alumnos e alumnas xa marchan do CRA para o CPI Cruz do Sar. A pesar de que temos 3 amiguiños un pouco máis peques decidimos facer estes obradoiros para que os demáis que son maioría puidesen gozar coa compaña das súas familias.


A primeira familia en participar foi a de Lola! Qué actividade máis dinámica e divertida! O conto do pirata Metepata que a continuación escoitaredes! Mesturando contacontos e papiroflexia, pasámolo xenial con Mónica, Raúl, Lola e como non a pequena Carme que participou e o pasou moi ben!




Click to play this Smilebox slideshow

O xoves seguinte tivemos a sorte de contar coa madriña de Mateo e a nai de Daniela para chuparnos os dedos con unhas recetas de cociña ben saborosas! Galletas danesas e pizza italiana! Ademáis de aprender...pasámolo xenial!! Grazas ás dúas pola vosa colaboración e por vir á escola!









E este xoves pasado viñeron Vanessa a nai de Sara e Marta a nai de Lucía a compartir unhas ideas de manualidades ben chulas! Un cabaliño de mar coa técnica de punteo e unha árbore do máis primaveral e lambona con pombiñas de millo de cores! E como premio...pombiñas de millo para todos!Grazas mamás, por acompañarnos nese día!Pasámolo de marabilla!!








18 febrero 2014

DÍA DOS AMIGOS

O venres quixemos festexar o día dos amigos e xogamos ao xogo dos AMIGOS INVISIBLES. Cada un colleu un nome dunha bolsa e fixo o gran esforzo que mantelo en segredo! Bueno...a algún se lle escapou pero é que podían máis as ganas de contalo que outra cousa! Decidiron de forma libre qué agasallo lle querían facer a ese amigo/a e este foi o resultado!
Ah...que queredes saber que lle tocou a cada un/unha? Vide por Carrio e volo contamos...jijijiji!

Ademáis Zeltia quixo agasallarnos a cada un de nós cunha sorpresa moi doce! Grazas Zeltia!

12 mayo 2013

29 abril 2013

DÍAS IMPORTANTES

DÍA DA ÁRBORE 

DÍA DA TERRA

DÍA DO LIBRO