15 junio 2020

HOXE OS PROTAGONISTAS SON...

Ola chicos e chicas de Carrio!!
Chegamos á última semana de cole!

Sempre sodes os protagonistas deste blogue pero nesta semana todavía o seredes máis!
Dende hoxe ata o mércores apareceredes 
no blogue coas actividades que 
vos propuxen a semana pasada!
Comezamos! 
Estades preparadas e preparados?

AMAIA
Aquí temos á linda de Amaia ensinándonos á sua gatiña, Meiga. Chegou á sua casa cando Amaia era un bebé. Meiga é unha gatiña moi maior que rescatou a sua familia e foi adoptada por eles.
Noraboa Meiga, caiches en magníficas mans!


 Aquí tedes a Amaia con Meiga!
Pero Amaia tamén nos quere ensinar as plantas aromáticas que ten na sua casa, verdade?




 E ademáis ten a sorte de contar cun irmán maior excepcional, Martiño, que lle axuda sempre con todo e decidiu axudarlle 
nesta ocasión a facer 
un pequeno teatro maravilloso! 
Bravo Martiño e Amaia!

ANTÓN E XOEL
Estes lindos irmáns saben facer de todo! E ademáis teñen moito xeito para 
amosar as súas creacións! 
Tanto fan de comer como reciclan!
Xenial chicos!!
Aquí nos amosan unha receta rica e sana!

 Aquí os tedes reutilizando unha botella para facer un xogo ben divertido!
E cunhas pedras o alfabeto!!
Futuros ecoloxistas...o vexo!







 Que volo digo eu...mirade como miman a Mía, a sua cadela!



XABI
Xabi é un deses nenos que ten dentro mil sorpresas e vai sacando aos poucos 
esa maxia bonita!
Mirade o que nos conta do seu can que se chama Coqui!
Este Coqui é un pillo que escapa cando abrides o portal!
Fenomenal Xabi fermoso!! 
Noraboa polo traballo!



PAULA
Paula ten unha cadeliña que se chama Lana. Ten 11 anos e é moi linda!

Aquí a tedes coa sua irmá Sara, outra irmán maior que lle axuda moito!
 Qué bonitas sodes!

Ai Pauliña, qué susto debeu de levar Lana con este crocodilo!
 Non será o do río Pisuerga!



TEO
Aquí temos ao noso lindo Teo ensinándonos aos seus cans Coco, Vilma e Doggy con Xoel, outro gran irmán maior que lle axuda moito!

Pero ademáis Teo ten plantas aromáticas na sua casa! Mirade, mirade!!
Xenial Teo!!

Cando digo que en Carrio saen ecoloxistas 
o digo por algo!


 Quen sabe se unha ristra de veterinarios/as!
Noraboa chicos e chicas!!
Isto é todo por hoxe!

Mañá veremos aos demáis amigos e amigas que tamén nos contarán e ensinarán moitas cousas!

Non me quero esquecer de felicitar a duas persoas que son moi queridas 
por todas e todos nos!
O venres foi o aniversario da profe María e hoxe o da nosa querida profe Livia!
PARABENS CHICAS!!!
Esta canción é para vos!

Lembrade visitar os demáis blogues do CRA! Especialmente o de English e Orientación por ser luns!
Ata mañá!

1 comentario:

María dijo...

Moitísimas grazas, nen@s de Carrio e profe, menuda cantidade de cousiñas nos contades sempre, así da gusto, e cunha felicitación tan especial...
Moitos bicos para tod@s