20 mayo 2020

TESOROS NATURAIS

Bos días chicos e chicas de Carrio!
Xa estamos no medio da semana!

Hoxe vos propoño un reto para os vosos paseos na natureza!

Na páxina INNATURA nos retan a unha proposta chamada "7 días, 7 elementos naturais". Consiste en atopar cada día un elemento da natureza que comece coa primeira letra do voso nome! Resulta bastante difícil, así que vos propoño unha adaptación!!

No meu caso, SALETA, eu soamente vin 4:
sol- SOL
semente- SEMENTE
saltón- SALTÓN
sombra- SOMBRA

Buscaremos cousas da natureza que conteñan no seu nome algunha letra do voso.
Así no nome de LARA podemos buscar cousas con L-A-R ( libélula, amapola, rato) pero faremos algo de trampa...se non as vemos, non pasa nada! Se trata de xogar coas letras e os seus sons. 
Se queredes podedes facer un debuxo e escribir as palabras ou sacarvos unha foto!

Vos traio máis actividades de INNATURA!
Neste caso María, nos propón elaborar un xogo de palo-dominó!
Se trata de pintar os extremos dos paus de duas cores diferentes para que coincidan con outros paus. Os paus poden ser do tamaño que queirades! O truco é sumerxir o pau na pintura para que quede máis coloreado!
Mirade, quedaría algo así!


E xa que estamos, hoxe vos falarei do xogo das pezas soltas, en inglés coñecido como "loose parts". Na escola de Carrio tiñamos bandexas con ese tipo de materiais chamados tamén "non estructurados": corchos, tapóns, pompóns, chapas, telas,  cartóns, follas, plumas, botóns, cunchas, paus, pedras, sementes...

Se trata de poñer ao alcance dos nenos e nenas ese tipo de materiais que non son xoguetes en sí mesmos pero que serven para potenciar a súa imaxinación porque poden inventar, crear ou propoñer xogos, historias...ou simplemente porque lles gusta facer composicións.
Hai infinidade de páxinas que falan sobre este tema!


Se vos animades, deixade ao seu alcance ese tipo de pezas sempre coa supervisión do adulto e veredes qué ben o pasan!

Isto é todo por hoxe!

Lembrade visitar os demáis blogues do CRA!
Hoxe é mércores así que mirade o blogue da Biblioteca e o de Educación Física, seguro que hai propostas ben divertidas!

No hay comentarios: