21 mayo 2020

LUCES E SOMBRAS

Bos días chicos e chicas de Carrio!
Xa chegamos ao xoves!

Pois hoxe a cousa vai de luces e sombras!
Sei que vos gusta moito xogar coa luz, na escola o facíamos coa mesa de luz, o retroproxector e linternas por iso teño unha historia moi fermosa feita con sombras.
Se chama ALAS.


Víchedes que para poder conseguir os soños ás veces costa un pouco, verdade? Pero a eiruga non se rendiu e conseguiu converterse en bolboreta!
Queredes voar vos tamén? Que vos fagan unhas as! Soamente tedes que recoller flores e plantas silvestres! Xa sodes uns expertos!

Aquí tedes o conto en versión teatro de sombras para que disfrutedes a pantalla completa cando teñades ganas e tempo!
Pois vos propoño que poidades facer tamén vos unha historia de luces e sombras e para iso vos deixo AQUÍ e AQUÍ unhas plantillas que de modo desinteresado Alexandra Eseverri, unha das fundadoras de Asombras, deixa como recurso na súa páxina.
Para que vos guiedes e con axuda da vosa familia aquí tedes un vídeo no que explican moi ben cómo facelo. Para conseguir as sombras precisades un flexo ou linterna.


Pero...se queredes ter a vosa propia caixa de luz...podemos facelo tamén coa axuda dos adultos!

Hai infinidade de páxinas con ideas e eu hoxe vos propoño a "versión caseira" para non ter que complicarnos moito, se tedes unha caixa transparente, papel de forno, papel aluminio e luces de nadal blancas...listo! Pero se queredes atrevervos con outras formas...premede enriba da imaxe para ver 9 máis!



Pero se por calquera cousa non podedes facer a caixa de luz, hai máis formas de xogar con ela. 


Vos deixo unha proposta ben chuli para facer con pinzas de madeira da roupa e papel celofan de cores. O ideal é que ese papel quede ríxido, duro...plastificalo sería a mellor opción, senón con forro de libros tamén serve. Quedaría algo así! Agora soamente toca xogar coa luz natural ou con linternas ou flexos.


Outra idea ben divertida é facer linternas con rollos de papel, rotuladores permanentes e film plástico da cociña.



E finalmente outro elemento que podemos empregar para facer sombras é o noso corpo, neste caso concreto as mans. Mirade cantos animais, está en english, se tedes dúbidas podedes preguntarlle á teacher Cova!



Bueno chicos e chicas, espero que o pasedes moi ben, xa tedes ideas para varios días!
Contádeme qué tal!

Lembrade visitar os demáis blogues do CRA!

Especialmente hoxe o de English e o de Audición e Linguaxe porque é xoves, seguro que hai propostas chulísimas!

Ata mañá!

No hay comentarios: