19 mayo 2020

CENTRAL DE EXPERIMENTOS ACTIVADA!

Chegamos ao martes, chicas e chicos de Carrio!!
Hoxe teño unha mensaxe da curmá dunha científica moi importante!Mirade, mirade!


Por petición popular bergondesa e despois de activar a central de experimentos, aquí estamos preparados e preparadas para converternos en científicos "experimentadores"!! 

A profe Leticia vos ensinou moitos experimentos, pois aquí temos máis e algún que xa fixéchedes con ela pero que vos gustou moitísimo facelo!

No campo da ciencia os grandes "experimentadores" teñen que levar un vestiario e cumplir unhas condicións especiais de seguridade.Qué pensades que teñen que poñerse?
- Lubas?
- Gafas?
- Bata?
Exacto!

Pero nós queremos facer estes experimentos divertidos, porque para iso son, para pasalo ben! Así que elexiremos a nosa indumentaria de modo totalmente libre! Perruca, gafas, bata, diademas, paxariña ou garabata...incluso gorro ou sombreiro!


Imos cos experimentos que sei ben que os estabades esperando!



A ver qué barquiños máis chulos facedes! Piratas, veleros, lanchas...


Este experimento xa o fixéchedes coa profe Leticia pero sei que vos molou moito! Podedes facelo máis guai creando con plastilina ou masa de sal un pequeno volcan e escondendo ese vaso dentro del! Se xa tedes figuras de dinosaurios...diversión garantizada! 
Aquí tedes outra versión inflando un globo!





Este experimento tamén o fixéchedes coa profe Leticia e tivo moito éxito e ademáis é super faciliño e divertido! A ver qué cores conseguides!


E se vos digo que os espaguettis teñen moita forza?

Se soamente utilizo un ou dous, se romperán e non aguantarán pero e se utilizo varios? Mirade, mirade! Eu lle puxen un vaso con auga, un soporte de madeira, o mando da tele e unhas tesoiras!

Queredes seguir xogando cos espaguettis? Probade a facer figuras xeométricas con plastilina!

E xa para rematar aquí vos deixo un xogo super chulo para experimentar cun caleidoscopio! 

Se a vosa familia se anima lle podedes axudar a facer un na casa!




E finalmente...aquí está o vídeo coas fotos que enviáchedes de todo o ben que o están a pasar os nenos e nenas! Parabens!



Lembrade visitar os demáis blogues do CRA.
Hoxe especialmente o de Música porque é martes!

No hay comentarios: