22 mayo 2020

QUEREMOS AOS ANIMAIS!

Ola chicos e chicas de Carrio!
Chegamos ao final da semana!
Qué vos parece se meditamos un ratiño?
Vos deixo un mantra que me encanta! Trata sobre unha semente...como van as vosas? 
Que o disfrutedes!


Hoxe imos falar de animais!
Porque eu sei que a todos e a todas vos gustan moito os animais.
O curso pasado fixemos no último trimestre un proxecto chulísimo sobre respecto e concienciación animal. Lembrades todas as actividades que fixemos? 

Faremos un resumo, porque... 
"Recordar es fácil para quien tiene memoria, olvidar es difícil para quien tiene corazón" Gabriel García Márquez

- Convidamos a cans e cadelas rescatadas:
Malibú, Annie, Pluto e Bruma
Foi taaaan bonito!


- Levamos a cabo unha experiencia con cría de bolboretas Vanesa Cardui! 
Foi fermosísimo!

- Como a morte forma parte da viaxe vital...enterramos un paxaro que apareceu morto no patio.

-Fixemos un mercadiño solidario no que recaudamos cartos para donar ao Santuario Animal Vacaloura, de Santiago de Compostela. Foi todo un éxito!

Foron todas experiencias xeniais coa axuda das vosas familias e de xente moi riquiña que nos quixo acompañar.

Pois hoxe eu vos quero propoñer varias cousas que podedes facer para coidar e respectar ao medio ambiente, á natureza e aos animais.
Aquí van!
(se trata de lelo con eles e explicarlles en qué consiste cada cousa)
Poden facer un debuxo do que eles e elas fan.

- Segue a lei das 3R: reducir, reciclar e reutilizar todos aqueles obxectos ou elementos que poidas (sei que sodes uns grandes no tema!)
- Emprega platos, vasos e palliñas de cartón, evita sempre o plástico.
- Fai compost coa tua familia: cos restos da comida orgánica mesturados con herba cortada e follas lle estaremos dando de comer aos vermes da terra.
- Recicla papel
- Usa a tua propia cantimplora para auga e non botellas de plástico.
- Mete a túa merenda nun tupper reutilizable e non empregues papel de aluminio ou de plástico.
- Pecha o grifo cando estés lavando as mans ou os dentes, aforra auga.
- Planta flores para atraer ás bolboretas e darlles de comer.
- Ponlle auga e sementes aos paxaros.
- Non mates aos insectos, simplemente respétaos sen molestalos.
- Non merques nada de marfil, carei, coral, pel...porque veñen de animais en peligro de extinción.
- Apadrina ou amadrina a un animal nun santuario.
- Non soltes globos, rematan no mar.
- Corta os aros de plástico das bebidas, matan a moitos animais marinos.
- Fai niños para paxaros.
- Planta unha árbore.
- Recarga as pilas.
-Apaga as luces que non precisas.
- Usa o transporte público ou a bici.

Seguro que facedes moitas destas cousas, verdade? Contádeme e se facedes algunha máis, tamén!

Hai moitos animais que están ameazados por algúns homes e mulleres...non o entendedes, a que non? Eu tampouco. Vos deixo este vídeo dun libro que temos na escola que nos gusta moito a todos e todas! Rescate animal!! Como xa o coñecedes seguramente, podedes narrarllo á vosa familia!


E aquí vos deixo un conto cantado fermosísimo! Eu o teño tamén e me encanta velo, igual que o de Rescate Animal!

Finalmente vouvos deixar algunhas propostas de actividades!

Esta é unha mandala animal para colorear un ratiño cada día e relaxarte.

Se tes un frasco de cristal, podes convertilo nun lapicero pegándolle papeis de seda e unha imaxe do teu animal favorito!

Por certo...nós temos un corazón e sentimos. Pero...os animais teñen corazón? Teñen sentimentos? Vos propoño que debuxedes cómo pensades que é o corazón dun rato, dunha balea, dunha vaca, dunha serpe...ou dos animais que vos queirades e que nos contedes qué sinten: pode ser medo por algo, amor por alguén, enfado...
A ver qué tal!

Sobre os sentimentos humanos falaremos para a semana que ven!

Isto é todo por hoxe!

Lembrade visitar os demáis blogues do CRA e hoxe como é venres o de Educación Física, seguro que o profe Ricardo vis fará brincar e pasalo fenomenal!

Que pasedes unha boa fin de semana!


No hay comentarios: