11 mayo 2015

ORTIGUEIRA, A COMARCA SECRETA!

Coa tripulación ao completo embarcámonos nunha nova aventura por un dos lugares máis fermoso de Galicia! 

No proxecto conxunto co CPI Cruz do Sar, este ano imos traballar os portos da provincia da Coruña e nós eleximos...ORTIGUEIRA! 

A comarca de Ortegal é coñecida como a "comarca secreta" xa que agocha lugares máxicos cheos de recunchos inimaxinables.

Entre as cousas que estamos a aprender sobre este lugar, ademáis de coñecer como é o seu porto e a propia vila de Ortigueira, localizándoa no mapa de Galicia, sabemos que as súas augas son o resultado da unión de dous mares, o inmenso océano Atlántico e o incrible mar Cantábrico.

Outra das peculiaridades que podemos ver nas costas de Ortigueira, son os traballos que levan a cabo as famosas "algueiras", mulleres de todas as idades que recollen dende hai moito tempo algas, nas costas da zona de Loiba, con cantís moi pronunciados e praias inmensas.Teñen en conta as mareas lunares para baixar aos areais e arrincar os preciados vexetais vermellos para encher sacos e sacos que máis tarde coa axuda de varios burros suben por camiños moi arriscados ata que chegan a unha zona plana onde os espera un tractor. Este vídeo o explica moi ben.






E por último tamén coñecimos a un amigo ben divertido que anda polas rúas de Espasante, o porco Antón! Campa ás súas anchas por aló onde quere e onde máis lle gusta estar é na praia, se cadra tomando o sol!




No hay comentarios: