31 mayo 2015

OBRADOIROS COAS FAMILIAS II

Aquí temos a segunda entrega dos obradoiros que están a levar a cabo as familias na nosa aula.
Esta vez tivemos a sorte de contar coas familias de Aroa, Álvaro, Adrián e Alejandro C.

A avoa e a nai de Aroa viñeron a ensinarnos unha técnica ben fermosa para facer artesanía, a cestería. Ademáis de traer moitísimas cestas feitas por elas mesmas nos brindaron a oportunidade de elaborar a nosa propia cestiña. Fixémolo moi ben e ademáis o pasamos xenial. Despois de pintala e barnizala colocamos unha prantiña aromática cada un para levar para casa. Grazas Geli e Lucía, por compartir con nós esta experiencia!
Click to play this Smilebox slideshow






Á seguinte semana viñeron Miguel e Ana, os papás de Álvaro que trouxeron un montón de xogos relacionados co mar. Qué ben o pasamos todos!! Ademáis de aprender a respectar aos peixiños que non dan a talla para a captura no mar. Grazas Ana e Miguel, pasámolo fenomenal!








Xa na última semana de obradoiros tivemos a sorte de recibir a Ana, a nai de Alejandro C. e a Carlos e a Ana,, pais de Adrián que viñeron cargados de ferramentas e materiais para facer un divertido futbolín de madeira!Mirade qué sinxelo de facer e qué ben queda! Menudas partidas que van xogar estas bolboretas!!
Click to play this Smilebox slideshow







No hay comentarios: