11 mayo 2015

OBRADOIROS COAS FAMILIAS!

Xa non queda case nadiña de curso, por iso cos nenos e nenas de 5 anos sempre é divertido realizar obradoiros nos que participen as familias, xa que despois do verán estes alumnos e alumnas xa marchan do CRA para o CPI Cruz do Sar. A pesar de que temos 3 amiguiños un pouco máis peques decidimos facer estes obradoiros para que os demáis que son maioría puidesen gozar coa compaña das súas familias.


A primeira familia en participar foi a de Lola! Qué actividade máis dinámica e divertida! O conto do pirata Metepata que a continuación escoitaredes! Mesturando contacontos e papiroflexia, pasámolo xenial con Mónica, Raúl, Lola e como non a pequena Carme que participou e o pasou moi ben!




Click to play this Smilebox slideshow

O xoves seguinte tivemos a sorte de contar coa madriña de Mateo e a nai de Daniela para chuparnos os dedos con unhas recetas de cociña ben saborosas! Galletas danesas e pizza italiana! Ademáis de aprender...pasámolo xenial!! Grazas ás dúas pola vosa colaboración e por vir á escola!









E este xoves pasado viñeron Vanessa a nai de Sara e Marta a nai de Lucía a compartir unhas ideas de manualidades ben chulas! Un cabaliño de mar coa técnica de punteo e unha árbore do máis primaveral e lambona con pombiñas de millo de cores! E como premio...pombiñas de millo para todos!Grazas mamás, por acompañarnos nese día!Pasámolo de marabilla!!








No hay comentarios: