11 mayo 2015

MÓZART, UN NENO PRODIXIO

No primeiro trimestre deste curso traballamos a vida e obra dun escritor, Hans Christian Andersen.
No segundo tocou un xenio da humanidade que tanto pintaba como inventaba ou construía, Leonardo da Vinci.
Agora imos destinar o trimestre que queda  a coñecer parte da obra e da vida dun neno prodixio, o músico Wolfgang Amadeus Mozart.
Estamos tendo moita axuda de María, a profe de música, que ademáis de deixarnos moitos libros e discos, nos está a ensinar moitas cousas nas súas sesións. Grazas María!
 O primeiro que fixemos foi facer un xogo sobre qué instrumentos son os que nos gustaría tocar e cal é a nosa canción favorita. Aquí tedes o resultado!






Ademáis investigamos sobre qué instrumentos era capaz de tocar Mozart con 4 ou 5 anos e descubrimos que non só o piano senón tamén o violín e incluso era capaz de facelo cos ollos pechados. Que se sinte cando se fai algo sen ter visión? Tamén o experimentamos ao ritmo dunha das súas magníficas creacións. Qué afortunados nos sentimos por estar sans dos ollos...



E por agora estamos a completar un pequeno libro sobre como foi a súa vida, aquí tedes as portadas e algunha das actividades que estamos a facer.Estamos entusiasmados!



1 comentario:

Son do CRA dijo...

Pero como me gustan os debuxos preciosos dos vosos intrumentos preferidos, e que os interese Mozart e o traballedes tan ben xa é una marabilla, a seguir con ese entusiasmo que lle poñedes a todo, grazas á profe tamén, bicos!!!