22 febrero 2013

ESTAMOS NAMORADOS DE TANTAS COUSAS...

As bolboretas de Carrio sentimos amor por...
as nosas nais e pais,
os nosos irmáns e irmás,
 avós e avoas,
tíos, tías e primos,
amigos e amigas,
os nosos animais...
e ti...por quen sintes amor?




Reutilizando...creamos!!
A que os nosos ositos e ositas quedaron moi bonitiños? E que dicides dos corazóns?





CIAO ITALIA! WILLKOMMEN ALEMANIA!!

E seguimos viaxando polo mundo con MADLENKA!
Deixamos atrás a fermosa Italia para marchar agora ao país das salchichas!!

Guten tag, ALEMANIA!!

E como a mellor maneira de aprender sobre ese país é coñecendo os costumes, a cultura e a paisaxe...imos aló!


Alba, trouxo anotados os saludos e frases máis importantes.
"Guten morgen"
"Guten tag"
"Auf Wiedersehen" ...
Tamén quixo falarnos dunha festa moi importante que fan na cidade de Múnich nos meses de setembro e outubro chamada "Oktoberfest", na que destacan os desfiles con traxes típicos e na que se bebe cervexa e se comen salchichas, entre outras cousas! Este acontecemento xa se festexa noutras partes do mundo incluido o noso país!
Jose falounos tamén en perfecto aleman! Trouxo anotadas palabras típicas entre as cales atopamos a famosa "tschüss" que usan para dicir "adeus", palabra que lles fixo moita gracia pronunciar!
Ademáis ensinounos as cores da bandera alemana, que tamén igual que a de Francia,a de India e Italia...é tricolor! As súas cores neste caso son a negra, vermella e amarela.
A curiosidade por ubicar ALEMANIA no mapa non cesaba así que aproveitamos para facelo. Algúns dicían que estaba ao lado de Italia...ui! casi! Temos Suiza e Austria polo medio pero está preto tamén.
E se a capital de Italia é Roma, a de Francia é París, a de India e Nova Delhi e a de España é Madrid...cal é a de Alemania entón?? BERLÍN!
Mirade, mirade...




Ada ensinounos os famosos e fermosos reloxos de cuco típicos do sur de Alemania, da zona da "Selva Negra".
Aproveitando a ocasión, vimos un en vivo e en directo ainda que non salía ningún cuco, si que tiña movemento e gustounos moito. Os sons dos cucos puidemos visionalos en diferentes vídeos de internet, qué chulada!!
E...tachán!! Mirade que reloxos de cuco máis bonitiños creamos entre todos! Ai qué creatividade están sacando estas bolboretas...como nos gusta!!

 


 




 

 





13 febrero 2013

ANTROIDO 2013

Aquí temos as tan esperadas fotos do ANTROIDO en Carrio!
Primeiro...os divertidos obradoiros que fixemos coa axuda dalgunhas nais e compañeiras!
Mil grazas a todas elas por todo!


E despois de tanto traballo...a esperada merenda!!! Aquí podedes ver como nos poñemos as botas coas orellas que nos trouxo Carmen, a mamá de Clara T. Grazas! Estaban boísimas!!

Aquí...o resultado!!
Auténticas máscaras de inspiración veneciana...



Gafas de estilo francés, multicores e moi modernas!




Mandiles de mil cores con inspiración india...ai qué elegancia e estilo na cociña!



E non podía faltar a inspiración galega de entroido: narices ben porquiñas!!

E como remate final...a gran festa de disfraces e a merendola con filloas, rosquillas e orellas o venres!
Como nos gusta o antroido! Agora xa case estamos desexando que chegue o 2014 para festexalo de novo!
Vémonos o xoves!! Bo Antroido 2013!


Preme enriba para ver o vídeo!

06 febrero 2013

E VIVA A FESTA RACHADA!

Aquí tedes unha mostra máis de que o Antroido é unha das festas que máis xogo da para o divertimento dos nenos e nenas...e non tan nenos!!!


Pedro e Roque trouxeron unhas máscaras espectaculares de inspiración veneciana pero...que va! Nada máis e nada menos que feitas de modo artesá por un asturiano namorado de Venecia!

E aquí nos tedes pasándoo...PIPA!!
(Lembra abrir noutra ventana para escoitar a música!)

TACHÁN!!
A ver se sodes quen de saber os rapaces e rapazas que se agochan detrás destes antifaces tan chulos!



E xa por último...deixamos unha foto- adianto do OBRADOIRO DE COMPLEMENTOS DE ENTROIDO que fixemos a semana pasada na clase! Cando leven todo posto para casa...vos ensinamos! Grazas ás nosas axudantas Indira, María, Carmen e Eva!

CLARA CUMPLE 5



ITALIANINIS A TOPE!



Seguimos aprendendo cousiñas sobre Italia...

En cidades como Florencia, Venecia ou Roma existe unha tradición dende hai uns anos, que consiste en colocar un candado nas principais pontes dos ríos máis importantes. Os namorados acuden alí "as agachadas" das autoridades para deixar unha pegada do seu sentir. Nós non queremos destruir ningunha ponte desas cidades eternas...así que como pensamos que a nosa verxa da escola non ten perigo de derrumbe( ou eso esperamos e desexamos...) alá que saímos a colocar os nosos candados con palabras fermosas.




"DAVID" DE MIGUEL ÁNGEL
Aprendemos que na cidade de Florencia hai unha estatua colosal que chama a atención de todo aquel que a visita no museo no que se atopa. Se trata de DAVID. Conta a lenda que había un xigante moi feo chamado Goliath, que quería acabar con todo o que se lle puxera diante pero David, non se sabe moi ben se por sorte ou por casualidade...venceuno!
As nosas interpretacións do DAVID...




E agora que temos aí cerquiña o día dos namorados...sabedes quen é CUPIDO? Pois resulta que é o fillo da deusa VENUS e nada mellor que saber dela a través das pinturas de Sandro Botticelli.
Venus chegou a unha praia subida nunha cuncha pero tiña moito frío porque os deuses da brisa e do vento non facían máis que empuxar a súa cuncha e claro...ao estar espida...menuda friaxe! Grazas que a estaba esperando a súa amiga Flora, deusa da natureza, cun manto fermoso de flores. Esta historia é a que nos conta Botticelli no seu cadro "Nacemento de Venus".



E como nos gusta tanto, tanto todo o relacionado coa cultura italiana...non podemos deixar de lado a súa gastronomía! E qué mellor forma de coñecela que experimentando con ela! Aquí tedes a reportaxe recién "forneada" das pizzas que fixemos hoxe na clase coa colaboración de Thais, Carmen (avoa de Bruno), Carmen e Eva! Estaban...DELICIOSAS!!! Grazas por axudarnos!