06 febrero 2013

ITALIANINIS A TOPE!



Seguimos aprendendo cousiñas sobre Italia...

En cidades como Florencia, Venecia ou Roma existe unha tradición dende hai uns anos, que consiste en colocar un candado nas principais pontes dos ríos máis importantes. Os namorados acuden alí "as agachadas" das autoridades para deixar unha pegada do seu sentir. Nós non queremos destruir ningunha ponte desas cidades eternas...así que como pensamos que a nosa verxa da escola non ten perigo de derrumbe( ou eso esperamos e desexamos...) alá que saímos a colocar os nosos candados con palabras fermosas.




"DAVID" DE MIGUEL ÁNGEL
Aprendemos que na cidade de Florencia hai unha estatua colosal que chama a atención de todo aquel que a visita no museo no que se atopa. Se trata de DAVID. Conta a lenda que había un xigante moi feo chamado Goliath, que quería acabar con todo o que se lle puxera diante pero David, non se sabe moi ben se por sorte ou por casualidade...venceuno!
As nosas interpretacións do DAVID...




E agora que temos aí cerquiña o día dos namorados...sabedes quen é CUPIDO? Pois resulta que é o fillo da deusa VENUS e nada mellor que saber dela a través das pinturas de Sandro Botticelli.
Venus chegou a unha praia subida nunha cuncha pero tiña moito frío porque os deuses da brisa e do vento non facían máis que empuxar a súa cuncha e claro...ao estar espida...menuda friaxe! Grazas que a estaba esperando a súa amiga Flora, deusa da natureza, cun manto fermoso de flores. Esta historia é a que nos conta Botticelli no seu cadro "Nacemento de Venus".



E como nos gusta tanto, tanto todo o relacionado coa cultura italiana...non podemos deixar de lado a súa gastronomía! E qué mellor forma de coñecela que experimentando con ela! Aquí tedes a reportaxe recién "forneada" das pizzas que fixemos hoxe na clase coa colaboración de Thais, Carmen (avoa de Bruno), Carmen e Eva! Estaban...DELICIOSAS!!! Grazas por axudarnos!


5 comentarios:

English teacher dijo...

Moito aprendo sempre que visito o voso blogue. Por certo, encántame esa iniciativa dos candados! E esa pizza...dou fe de queestaba boísima. Bicos e noraboa, así da gusto aprender!

Bolboretas de Carrio dijo...

Cova, queres poñer un candado na escola? Hai moito sitio! Grazas polo comentario!!Bicos e apertas!

Eva Casanova dijo...

Si todas as invitacións son así ...eu volvo cando queirades. Paseino moi ben e todo riquísimo.
Moitos bicos

Juani dijo...

Roque y Pedro nos gusto mucho hacer la pizza

Bolboretas de Carrio dijo...

A pizza estaba boísima!!