Pedro e Roque trouxeron unhas máscaras espectaculares de inspiración veneciana pero...que va! Nada máis e nada menos que feitas de modo artesá por un asturiano namorado de Venecia!
E aquí nos tedes pasándoo...PIPA!!
(Lembra abrir noutra ventana para escoitar a música!)
TACHÁN!!
A ver se sodes quen de saber os rapaces e rapazas que se agochan detrás destes antifaces tan chulos!
E xa por último...deixamos unha foto- adianto do OBRADOIRO DE COMPLEMENTOS DE ENTROIDO que fixemos a semana pasada na clase! Cando leven todo posto para casa...vos ensinamos! Grazas ás nosas axudantas Indira, María, Carmen e Eva!
4 comentarios:
Bueeeenooo, este entroido promete, esas máscaras son espectaculares, menudas axudantas tan boas tedes por Carrio, a pasalo ben estes días de festa, vémonos á volta, moitos bicos as volvoretas e a profe!!!!
Polo que vexo, mañá voume encontrar con moita festa por Carrio. Serei quen de coñecervos??Porque con esas fermosas máscaras non sei quen é quen. Biquiños e ata mañá!!
Besitos, muy bien los pasamos muy bien con los disfraces, hasta el jueves muuuuccchooos besitos, de parte de Roque, Pedro y Víctor
Grazas!!! Pasámolo moi ben! Que viva o entroido!!Bicos!
Publicar un comentario