22 febrero 2013

CIAO ITALIA! WILLKOMMEN ALEMANIA!!

E seguimos viaxando polo mundo con MADLENKA!
Deixamos atrás a fermosa Italia para marchar agora ao país das salchichas!!

Guten tag, ALEMANIA!!

E como a mellor maneira de aprender sobre ese país é coñecendo os costumes, a cultura e a paisaxe...imos aló!


Alba, trouxo anotados os saludos e frases máis importantes.
"Guten morgen"
"Guten tag"
"Auf Wiedersehen" ...
Tamén quixo falarnos dunha festa moi importante que fan na cidade de Múnich nos meses de setembro e outubro chamada "Oktoberfest", na que destacan os desfiles con traxes típicos e na que se bebe cervexa e se comen salchichas, entre outras cousas! Este acontecemento xa se festexa noutras partes do mundo incluido o noso país!
Jose falounos tamén en perfecto aleman! Trouxo anotadas palabras típicas entre as cales atopamos a famosa "tschüss" que usan para dicir "adeus", palabra que lles fixo moita gracia pronunciar!
Ademáis ensinounos as cores da bandera alemana, que tamén igual que a de Francia,a de India e Italia...é tricolor! As súas cores neste caso son a negra, vermella e amarela.
A curiosidade por ubicar ALEMANIA no mapa non cesaba así que aproveitamos para facelo. Algúns dicían que estaba ao lado de Italia...ui! casi! Temos Suiza e Austria polo medio pero está preto tamén.
E se a capital de Italia é Roma, a de Francia é París, a de India e Nova Delhi e a de España é Madrid...cal é a de Alemania entón?? BERLÍN!
Mirade, mirade...




Ada ensinounos os famosos e fermosos reloxos de cuco típicos do sur de Alemania, da zona da "Selva Negra".
Aproveitando a ocasión, vimos un en vivo e en directo ainda que non salía ningún cuco, si que tiña movemento e gustounos moito. Os sons dos cucos puidemos visionalos en diferentes vídeos de internet, qué chulada!!
E...tachán!! Mirade que reloxos de cuco máis bonitiños creamos entre todos! Ai qué creatividade están sacando estas bolboretas...como nos gusta!!

 


 




 

 





No hay comentarios: