02 noviembre 2020

SAMAÍN 2020

E chegou unha das datas máis esperada do ano para os nenos e nenas!

Chegou o SAMAÍN! Sabedes que a orixe desta festa é celta e que os nosos ancestros a festexaban para agradecer a colleita e despedir o verán e darlle a benvida ao novo ano Celta?

Todo isto e moito máis está moi ben explicado no conto O NOSO SAMAÍN, que estuvemos vendo na clase.

Imaxe: Editorial Galaxia

Pero noutras partes do mundo se festexan o Halloween ou o Día de Mortos, como en México. Deste último festexo nos falou a profe Mónica na sesión de biblioteca cun conto moi especial...

Imaxe: Amazon

Se queredes saber máis podedes visitar a entrada que fixo a profe Mónica no blogue da BIBLIOTECA .

E falando de México non podíamos pasar por alto tratar sobre unha persoa moi vinculada a esta festa polas catrinas e pola temática, así que tamén falamos da gran FRIDA KAHLO. Podedes lembrar cousas dela visitando ESTA ENTRADA que fixen hai uns meses no blogue.


Pero ademáis tamén nos divertimos xogando a crear monstruos. Se trataba de tirar un dado e debuxar o número de ollos, dentes, brazos, pernas, pelos...que nos tocaran. Mirade qué chulos quedaron!



Ademáis de todo isto houbo un día que foi especialmente máxico porque falamos do MEDO e sobre cousas que ás veces producen ese sentimento: os lobos, os esqueletos, os monstruos, as arañas, as bruxas...e resulta que eu sen sabelo me convertín nunha bruxa ítalo-francesa- galega e sei ca lles fixen unha pócima con pis de lombris, polvos de estrelas e pintura rosa...Jajajajaja Estes cativos teñen unha imaxinación...



E xa para rematar os nosos traxes e disfraces terroríficamente divertidos!!!
Feliz Samaín!


No hay comentarios: