18 junio 2020

PARA FACER NO VERÁN!

Ola chicos e chicas de Carrio!!
Chegamos ao último xoves do curso!

Levades moitos meses aprendendo moitísimo, intentando que fora sempre a través de actividades que vos gustasen e vos motivasen, así ten que ser!
Esta canción vai adicada a todas e todos vos!
CAMPIÓNS!

Agora ven o verán! 
Xa merecedes as esperadas vacacións e ainda que rematamos o curso dunha forma estrana...sei que pronto poderemos vernos e festexar como merecedes!

Xa sabedes que o verán é para descansar, divertirvos e xogar...
 quero deixarvos unha serie de propostas para que cando queirades e vos apeteza poidades facer coa vosa familia, amigos ou simplemente sos!

Podedes imprimir a lista e marcar 
o que fagades.
Van 60 propostas para os dous 
meses de verán. 
Realmente a número 60 é a máis importante, non vos esquezades de cumplila!
Aí van!

1. Sopla un dente de león e pide o teu desexo!
2. Acampa ao aire libre!
3. Bucea no mar e observa aos peixiños.
4. Rie moitísimo ata que che doa a barriga!
5. Fai un picnic nun monte!
6. Arranxa algo roto.
7. Axuda a algunha persoa que o precise.
8. Se chove...baila debaixo da chuvia!
9. Bebe auga dunha fonte.
10. Colle froita e fai marmelada ou compota!
11. Colle unha lupa e observa un insecto.
12. Fai comidiñas con auga, terra, flores...
13. Recolle tesouros naturais: unha pedra, un pau...
14. Fai pasteis de barro
15. Da de comer a unha galiña ou outro animal.
16. Colle froita directamente da árbore para comer!
17. Come un iogurt sen culler!
18. Observa as estrelas e algún planeta de noite!
19. Atopa renacuajos e observa como medran
20. Faite amigo ou amiga de alguén novo
21. Come o mesmo xeado que un amigo ou amiga.
22. Construe un xoguete caseiro para agasallar.
23. Cociña algo para alguén que queiras
24. Construe un refuxio con paus.
25. Cumple, como mínimo, algún dos teus soños
26. Dille quérote ás persoas que che importan
27. Inventa unha canción e baila
28. Fai unha coroa de margaridas.
29. Escribe unha postal ou unha carta a un amigo/amiga
30. Fai un castelo de area ou moitos
31. Visita algún museo
32. Fai rutas de sendeirismo
33. Fai voar unha cometa
34. Xoga aos piratas
35. Xoga cun mapa de verdade 
36. Xoga ás agachadas, á pita cega...
37. Xoga soamente con paus
38. Xoga soamente con pedras
39. Xoga soamente con cunchas
40. Mira libros na natureza
41. Escoita cantar aos paxaros
42. Fai a croqueta na area da praia, nun prado...
43. Monta en bici ou patinete
44. Pasea de noite cunha linterna
45. Salta as ondas do mar
46. Salta á pata coxa
47. Pinta cos pes
48. Pinta un debuxo no corpo de alguén
49. Planta unha árbore ou outra planta
50. Colle follas caidas e prénsaas
51. Recicla algo que foses tirar
52. Colle limóns e fai limonada
53. Tírate á piscina en bomba
54. Sube a unha montaña
55. Trepa unha árbore
56. Tira pedras a un río
57. Emprega unha brúxula e busca o norte
58. Mira por un telescopio
59. Mira por uns prismáticos
60. SÉ FELIZ

(Do xenial blog Tigriteando)

Somos moi afortunados e afortunadas porque na nosa terriña podemos facer todas esas cousas e máis! 
Temos mar, río, monte e prados pero unha cousa...lembrade coidalos!
Mirade este vídeo, nel aparecen persoas importantes na cultura galega e nenos e nenas que o fan!
A gozar!


Espero que o pasedes fenomenal e que me contedes!
Isto é todo por hoxe! 

Ata mañá!

No hay comentarios: