17 junio 2020

HOXE OS PROTAGONISTAS SON...

Bos días chicos e chicas de Carrio!!
Chegamos ao mércores!

Hoxe voltamos a ter novas dos demáis amigos e amigas da escola que nos van contar moitas cousas!
Comezamos!

MIRIAM
A nosa fermosa Miriam e a linda Gabriela teñen duas mascotas na sua casa que ben poderían ser as curmanciñas 
pequenas das miñas!
Se chaman Isla e Sol!
Isla é moi rápida!!
Mirade, mirade!

Pero Miriam ademáis de coidar das suas tartarugas coida moi ben dela mesma!
 Senón mirade qué almorzo máis apetitoso toma polas mañás!
Xenial Miriam!
E ademáis de todo isto Miriam quere ensinarnos as plantas que ten no seu xardín!
Qué chulada!


IAGO
O noso Iaguiño bonito sabe ben como alimentarse e así nolo fai saber! Mirade qué tomates máis ricos ten na sua horta! Menuda ensalada máis saudable, Iago!

E se queredes quedar namorados dun canciño moi amoroso e xoguetón, aquí nos presenta a Roki, un cachorriño co que o pasa fenomenal!Ai, Iago qué preciosidade! 
Coida moito del!

LARA
Aquí temos á linda de Lara que nos ensina as plantas aromáticas e ornamentais 
do seu xardín! 
Qué bonitas son!! 
Canto colorido teñen eses rosais, Lara!
Pero Lara que ademáis ten a super sorte de ten un irmán maior xenial como é Martín co que aprende e xoga mogollón, ten un canciño moi fermoso que se chama Xiao! Este Xiao é un pouco pillo, seica escapa moitas veces!
Mirade qué guapos están aquí os tres!

Pero ides alucinar co que ven agora! Lara e Martín saben facer maxia! Sí, sí! Maaaaaxia!
Prestade atención!
Como mola esa maxia, chicos!
Xa nos ensinaredes máis trucos chulos!

MANUEL
Chegamos ao noso Manuel! É tan bonito, que é xenial velo contar cousas sobre os seus dous cans!
Aquí temos a Bono, agarimosamente chamado "Buchito" e ten 9 anos! Se nota que quere moito a Manuel porque xoga con él á pelota!
Pero "Buchito" non vive so. Ten un amigo co que non me queda moi claro se se leva moi ben que se chama Chipi e ten 5 anos. Non sei se Chipi ten moitas ganas de xogos...
Dende logo como di Manuel..."mirade qué adorable é" jejejeje
Ademáis destes dous amiguiños, Manuel nos quere amosar moitas das plantas que ten na sua casa! Menuda plantación máis chula, Manu! Eses arándanos teñen que estar deliciosos no verán!! Xa nos contarás!

OLGA
E chegamos á nosa Olguiña bonita! Que nos conta cousas sobre todos os seus animais! Prestade atención que ten moitos!!
Nut, Annie, Bumma, Mao e Antonello!
Son fermosísimos! 
Qué sorte teñen contigo, Olgui!








Xa a coñecen todos e todas por...



Bravo Olga!

Pero mirade qué preciosidade de ramiño fixo co seu desexo colgando! Eu penso que ese desexo xa está sendo realidade! 
Segue así bonita!

Quen sabe se no futuro vemos a Olga percorrendo os mares do mundo nun "Olganográfico! Ogallá!

PARABEEEEEENS chicos e chicas de Carrio! Estou super orguiosa de todos e todas vos e das vosas familias!
O voso esforzo durante todo este curso ten que ter unha recompensa! 
Prontiño teredes unha, xa veredes!
Lembrade que ademáis eu fago maxia!
Jejjejeje

Isto é todo por hoxe! Mañá a entrada será diferente pero espero que tamén vos guste moito e xa para o venres haberá unha pequena sorpresiña por aquí!

Lembrade visitar os demáis blogues do CRA, hoxe especialmente o da Biblioteca e o de Educación Física!
Tamén tocaría clase con Marisol, que vos manda unha super aperta a todos e todas!
Ata mañá!

No hay comentarios: