05 junio 2020

FELIZ DÍA DO MEDIO AMBIENTE!

Ola chicos e chicas de Carrio!


Hoxe é o Día Mundial do Medio Ambiente!
Temos moito que festexar porque o noso fogar, a Terra, está cheo de seres maravillosos como os animais e as plantas e nós os humanos temos que coidalos e respectalos.
Xa o di a seguinte canción!


Eu sei perfectamente que sodes uns xeniais defensores do medio ambiente porque facedes un montonazo de cousas relacionadas co seu coidado.


Pero ás veces non todos os humanos se comportan ben, e veñen os problemas como...
A DEFORESTACIÓN
Ocorre cando os humanos arrasamos os bosques coa decisión de facer neses terreos outras actividades. Mal, verdade? Porque estamos deixando sen fogar a moitos animais,esto é o que lle pasou ao perezoso, verdade?



E qué podemos facer nós?
Unha cousa moi guai!
Bombas de VIDA!!!


Así estaremos contribuindo a reforestar os nosos bosques. Mirade o noso amigo Robin qué feliz se poñerá!
ACTÚA XA!
SÉGUEME!

A natureza é tan sabia que a meirande parte das veces fai ela soa o traballo. Esto é o que pasa por exemplo cos dentes de león. 
Proba a multiplicalos xogando!

http://www.ventdaval.com/



Unha das profesións que lle gustan a moitos nenos e nenas nalgunha etapa da súa vida é a de gardabosques.
Queredes convertervos por un ratiño nun deles?
http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/gallery/Recursos%20Infinity/escritorio_infantil_/castellano/guarbosques.html

Vedes que hai outro problema nos nosos bosques que nos afecta a todos e todas...
OS INCENDIOS
Temos que seguir unhas recomendacións para evitalos.


Vai facer agora 3 anos dos horribles incendios nos bosques de Galicia, Asturias, Leon e Portugal. En Carrio quixemos facer algo simbólico e decidimos plantar sementes de landras e castañas.


 Vos animo a que o fagades vós tamén! 

Aquí van unhas cantas propostas máis para que vos divirtades na fin de semana!

RETO!!!
Se trata de buscar na vosa casa as seguintes cousas relacionadas coa natureza e o medio ambiente!
1- Unha foto ou debuxo dunha flor
2- Un conto ou libro cun paxaro
3- Un obxecto de cor verde como as ras
4- Un obxecto de cor azul ceo
5- Unha prenda de roupa con algo salvaxe (animal ou planta)
6- Un obxecto amarelo como os xirasois
7- Un peluche dun animal
8- Un obxecto de cor laranxa/vermella como os paporoibos
9- Unha película ou serie de animais

A ver qué tal se vos da buscar! 
O importante é pasalo ben!


Tamén vos deixo AQUÍ unhas máscaras chulísimas de animais do bosque que poderedes imprimir e xogar con elas a crear historias!

E por último vos propoño que fagades o voso propio papel reciclado!
Podedes poñerlle virutas de ceras, flores secas, herbas aromáticas...


Pois isto é todo por hoxe! 
Desexo que sexades tan boas persoas o día de mañá cando vos convirtades en adultos e adultas  que cando se festexe o día do Medio Ambiente algún de vos lembre o importante que foron os seus comportamentos dende nenos :-) 
Somos moitos e moitas!!


Lembrade visitar os demáis blogues do CRA!
Especialmente hoxe o de Educación Física por ser venres, a poñerse en forma!

Que teñades unha xenial fin de semana!

No hay comentarios: