26 mayo 2020

VIAXAR SOÑANDO

Bos días chicas e chicos de Carrio!
Xa estamos a Martes! 


Cando eu era pequena me gustaba moito coller a bola do mundo e buscar lugares onde viaxar! Pois hoxe imos falar dunha maneira 
de viaxar moi guai! 

Hai persoas e familias enteiras que deciden deixar temporalmente a súa vida e cambiala para viaxar arredor do mundo.
Vouvos falar de 3 medios de transporte empregados por eles:
- BICICLETA
- COCHE ANTIGUO
- VELERO

Elexide un e disfrutade vendo como o pasaron e canto aprenderon!
Aquí van, volos presento a todos!
(Se se animan a ver os tres fenomenal pero igual todos xuntos se cansan, poderían visionalos noutros días)

1. BICICLETA: Vos presento a Óscar e Blanca, de Vivir en Ruta, unha parella que leva viaxando dende hai 3 anos polo mundo adiante...EN BICICLETA! 
Decidiron comezar esta aventura para recaudar cartos para axudar en proxectos solidarios, tanto para humanos como para animais. Aquí os tedes viaxando por África durante 9 meses!! O que estuveron os bebés de Carrio nas barrigas!!



2. COCHE ANTIGUO: Vos presento á familia ZAPP formada por Herman e Cande e os seus catro fillos, Pampa, Tehue, Huyaa Paloma e Wallaby.
Comezaron a viaxar no ano 2000 nun coche antiguo e todos os seus fillos naceron en diferentes países!



3.- VELERO: Aquí tedes estoutra familia composta por María, Jorge e as súas duas fillas chamadas Sara e Mía que decidiron viaxar nada máis e nada menos que en...VELERO!!



Qué vos pareceron? Que medio de transporte vos gusta máis? Vos atreveríades a facer o mesmo?

Hai varios anos na escola de Carrio tivemos a sorte de ter como convidado a un home que facía o mesmo que Óscar e Blanca. Se chama Martin e viaxa co seu inseparable amigo Starsky, un can adoptado en Portugal, recollendo lixo dos lugares que visita e concienciando á xente para que sexa máis respectuosa coa natureza.
Se queres lembrar ou ver o seu paso pola nosa escola podes premer enriba da foto!


Pois a miña proposta para hoxe é a seguinte!
Xa que imos tardar algo máis do que nos gustaría en poder viaxar de verdade o imos facer de modo virtual pero con BILLETE DE AVIÓN, PREME AQUÍ!
Elexide:

1. Lugar 
2.Día
3.Hora
4.Compañía
Non esquezades poñer o voso nome!

E listo! Xa teredes o voso billete de avión preparado! Podedes sacarvos unha foto!
Aquí tedes o meu, xa estou preparada para irme a...INDIA!



É que me encantaría revivir o HOLI! 


Isto é todo por hoxe!
Lembrade visitar os demáis blogues do CRA.
Hoxe especialmente o de Música, seguro que María segue a poñer actividades moi chulas!

Ata mañá!




No hay comentarios: