26 marzo 2020

RETOMAMOS O PROXECTO!!

Bos días a tod@s!!!xa queda menos para rematar outra semana. Non sei se vos pasa, pero para min é coma se levara meses na casa. Oxalá pronto podamos volver á normalidade.

Como hoxe e xoves e tocaba clase de inglés, clicade na imaxe e ide a ver a entrada de onte onde a teacher Cova nos deixa un video xenial dun Easter Bunny do mais movido, para aprender de forma divertida diferentes movementos en inglés.


Hoxe imos aproveitar o día e continuar un pouco có proxecto deste trimestre. na aula quedámonos a punto de traballar sobre o OSO POLAR. 

Para comezar vos deixo un video onde os nenos e nenas poden ver un libro onde aparecen os animais dos polos que xa coñecemos moi ben. Seguro que lles gusta.


Para facer na casa, por se queredes imprimila, deixo unha ficha sobre a alimentación dos osos polares. Teñen que unir os alimentos correctos co oso polar e logo colorear. Os de 4 e 5 poden escribir o nome dos alimentos que uniron ao oso.

Como recurso para algúns momentos que non saibades que facer, vos deixo enlace a unha páxina cun montón de xogos educativos separados por idades. Espero que vos sexa de utilidade!!

Cokitos Juegos Educativos

E para rematar, como todos os días aquí va o conto de hoxe para ver en familia, "Caracoles ¡qué susto!. 


Despídome outro día mais esperando que tod@s estedes moi ben. un abrazo enorme!!


2 comentarios:

GALILEA dijo...

LETICIA-TECIERO-

Leticia dijo...

Me muero!!muchas gracias🥰yo también te quiero Galilea!!! Os echo muchísimo de menos a tod@s!!!un súper abrazo!!!