25 marzo 2020

A MOVERNOS UN POUCO!!!

Bos días a tod@s!!!xa estamos a metade de semana. Como hoxe é mércores vos recomendo que entredes a ver o blogue de Educación Física onde o profe Ricardo propón xogos moi divertidos para movernos un pouco dende a casa estes días. Animádevos, seguro que o pasades xenial!!!

Para comezar, hoxe vos propoño algunhas actividades relacionadas coa lectoescritura. A continuación tedes unha pequena sopa de letras para os nenos e nenas de 4 e 5 anos onde teñen que buscar o seu nome e o do resto de compañeir@s.Pulsando enriba á dereita podedes velo a pantalla completa.


E para os de 3 anos tamén lles deixo unha sopa de letras pero só cós nomes deles.



Como traballo para facer en papel, para os de 3 anos deixo esta ficha de colorear segundo a cor que sexa de cada vogal. E outra para decorar libremente unha bolboreta.

Para os de 4 e 5 anos tedes duas fichas, unha na que teñen que escribir o nome dos animais que aparecen e outra de ordenar as sílabas e formar palabras relacionadas coa primavera.



Rematamos coma sempre cun conto para ver en familia. Hoxe "O galo Quirico". Espero que vos guste moito!!!




Un abrazo para todo@s!!Moito ánimo, un día mais é un día menos para volver á normalidade.

No hay comentarios: