31 marzo 2020

MARTES CIENTÍFICOS!!!

Hola a tod@s!!!

Hoxe e martes e que mellor maneira de comezar que cun pouco de música.A profe María no seu blogue deixounos dúas cancións xeniais sobre os animais dos polos, aquí vos deixo os videos que seguro que vos gustan moito!!!



Xa collimos un pouco de ritmo así que imos directos ao experimento que vos propoño hoxe:"O OVO SALTARÍN". Para facelo só precisades cousas tan sinxelas como: un ovo, vinagre de calquer tipo e un recipiente con tapa.

Coas cousas listas, só tedes que introducir o ovo no recipiente e cubrilo con vinagre. Feito iso teredes que ter un pouco de paciencia e esperar 48 horas. Cando pase o tempo valeiramos o vinagre, lavamos un pouquiño o ovo e listo!!!xa podedes xogar co voso ovo saltarín!! ides alucinar, pero tede cuidado e non o lancedes moi alto porque pode romper!!!

Para que vexades como é o proceso e a explicación de porque sucede deixo aquí un video de como facelo.


Intentadeo, seguro que vos sorprende!!!

E se o facedes, aquí tedes a ficha sobre o experimento.A primeira mais sinxela para os de 3 anos e a outra para as nenas e nenos de 4 e 5.




Hoxe vos deixo un conto que seguro coñeces moi ben "O coelliño branco", pero neste caso é unha versión cantada, a ver se vos gusta!!!



Despídome ata mañá esperando que sigades todo@s moi ben!!! votóvos moitísimo de menos!!!Oxalá volvamos a vernos moi pronto!! un abrazo moi grande.





No hay comentarios: