30 marzo 2020

COMEZAMOS SEMANA CON ENERXIA!!!!

Como seguides tod@s?espero que estedes moi ben!!!
Xa que hoxe é luns, imos aproveitar e comezar cun pouco de inglés. A teacher Cova no seu blogue do venres deixouvos un conto xenial  dunha muller que tragou unha mosca. Na imaxe tedes o enlace ao blogue e depois as dúas avtividades que propoñe a teacher por se as queredes facer na casa.





Imos aproveitar que é luns e traballar un pouquiño de mates. Primeiro, aquí tedes uns xogos para repasar os números e outro de sumas. Intentade facelos sós, seguro que o conseguides!!

Para os de tres anos tedes este xogo de relacionar o número coa súa cantidade.



E para os de 4 e 5 anos deixo dous xogos, un de relacionar a grafía có número e outro xogo de sumas. Espero que vos gusten!!!



Como traballo que podedes imprimir ou facer en papel para os nenos e nenas de 3 anos tedes esta ficha de colorear según a cor que corresponde a cada número do 1 ao 3.


Os nenos e nenas de 4 e 5 poden facer a seguinte serie lóxica de cores, coa que tamén traballan a atención.


Para todos a profe Mónica mándanos estos fantasmas para decorar e poñer dentro de cada fantasmiña un número ata ter os números do 1 ao 10 e logo recortalos e facer diferentes xogos como:

TANTOS COMO: Colocaremos tantos fantasmiñas como número dunha tarxeta,dado etc.


UN MÁIS,UN MENOS: ofrecemoslle o neno un número, e debe colocar un fantasmiña menos co número dado, e logo un fantasmiña máis que o número dado.


Se non podedes imprimir os fantasmiñas, podedes facer as vosas propias tarxetas de número có material que teñades e facer os mesmos xogos sen problema.


Para rematar o blogue de hoxe, aquí tedes o conto para ver en familia "Te quiero casi siempre" otro de mis favoritos. Espero que os guste mucho.


Un abrazo moi forte para tod@s!!! Ata mañá!!

No hay comentarios: