O pasado 30 de xaneiro conmemoramos en todas as escolas do CRA de Bergondo o día da Paz. Quixemos facer unha "quedada virtual" entre escolas para cantar todas e todos xuntos a canción que nos ensinou a profe María do grupo Migallas, "Campás pola Paz".
Ademáis aproveitamos que uns ex-alumnos da escola de Guísamo nos brindaron a oportunidade de soltar unhas pombas como símbolo nese día tan especial. Moitas grazas!
Tamén coñecimos a un cantante moi famoso que falaba da paz nas súas cancións e escoitamos unha das máis famosas..."Imagine".
Disfruta da música de John Lennon...
2 comentarios:
Qué emocionante ...Grazas!!!Celebrar con música sempre él bonito....
Grazas por escribirnos!!!
Publicar un comentario