Paula e Marta trouxeron á escola un montón de figuriñas, xoias, caixiñas...de arxila, moi chulos! Grazas chicas!
Así que cando os vimos...xa quixemos experimentar... e coa axuda da profe Eva fixemos uns fermosos recipientes de arxila que decoramos con cunchas, froitos, pedras... Metímolos no forno para cocer e houbo algunha que outra rotura, así que en canto arranxemos os desperfectos...levarémolos para casa!
Quedaron chulísimos!!
En canto aos telares...temos a sorte de contar con familias a mar de apañadas e colaboradoras como a de Martín e Martina que trouxeron á escola un super telar artesán, réplica moi similar aos telares da época, con pesas de arxila, pedras e fío de tecer de varios tipos. Despois de explicar aos compañeiros/as, puidemos probar a tecer e comprobamos que non é tan sinxelo. Grazas chicos!
Carme tamén trouxo un telar da súa casa e Maribel, a miña nai prestounos un feito a man e a máquina. Martiño levou un libro sobre telares en italiano!! Qué ben rapaces!
E había que probar!! Como non podía ser doutro xeito!
Primeiro fixemos uns telares con diferentes tipos de fíos pero nun papel. Quedaron moi chulos!
E logo...por qué non montar un OBRADOIRO DE TELARES???
Pois veña...famiiiiiiiilias📢📢📢📢📢!!!!
Coma sempre que vos pedimos axuda...partícipáchedes de forma espectacular!! E a profe Livia, que tamén nos axuda sempre un montón!!!! Grazas, grazas e máis grazas!!
PREME enriba do telar e verás...!
Ademáis de todo isto...seguimos investigando moito sobre a época do neolítico e idade dos metais. Un clarísimo exemplo é a cantidade de materiais e información que traen os nenos e nenas á escola. Xenial, familias!! Moitas grazas!!
Martiño ensinounos unhas fotos dunha amiga da súa nai que é arqueóloga e está traballando nunhas excavacións en Inglaterra. Moi ben explicado, Martiño!!!
Carme trouxo un libro dos Bolechas sobre os Castros, que nos ven moi requeteben para o seguinte tema de traballo!! Ademáis un super tippi prehistórico ben chuli!
Qué guai, Carme!
Uxía trouxo un libro que xa foi do seu pai de cando estudaba! Ademáis información sobre a Torre de Andrade en Pontedeume e mapas sobre esa vila! Qué interesante, Uxi!
Mateo levou á escola fotos que él mesmo buscou en internet sobre a temática. Vaia crack das tecnoloxías, Mateo!
Grazas a todas e todos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario