28 febrero 2017

ENTROIDO 2017

E por fin chegou a época do ano onde nada importa á hora de adornarse, ese divertido Entroido galego!!
 Aquí temos a Carme cunha máscara de Peliqueiro de Laza da súa irmá Lola! Que guai  que se garden as cousiñas do cole con tanto agarimo!

Peliqueiros de Laza, Cigarróns de Verín, Pantallas de Xinzo de Limia, Boteiros de Viana do Bolo, Volantes de Chantada...
É fabuloso comprobar o atractivo que resulta para nenos e maiores o Entroido típico galego! 
Pero nas escolas do CRA este ano fixemos unha actividade de mandados dende o luns para o xoves vir con todo posto e xa o venres...converternos no que cada un quixera.



Pero tamén tivemos tempo de disfrazarnos na clase...

E por fin chegou o graaaaaaaaaan día!!!!
Como están de forma provisional os nenos e nenas da escola de Lubre na aula do lado decidimos festexar ese día con elas e eles, poñendo unha gran mesa no exterior coas merendas que aportaron as familias...o pasamos fenomenal! Moitas grazas porque entre todos as cousas son máis sinxelas e divertidas!
http://www.smilebox.com/playBlog/4e4455784d7a637a4d54673d0d0a&blogview=true
 Preme enriba da foto!

Bo Entroido a todas e todos!! 

ESCORNABOTS



Resultado de imagen de escornabots

Esta semana tivemos a sorte de recibir a visita de tres  persoas IMPORTANTES...
Os doctores especialistas en robótica... "Miguelium", "Luigium" e "Markusium" viñeron a Carrio a pasar un rato connosco e uns amiguiños chamados "ESCORNABOTS"
Se queres saber máis sobre estes robots...preme aquí.

Realmente eran Miguel (pai de Christian e Álvaro, xa alumnos de primaria), Luigi (pai de Martiño) e Markus (pai de Amélia)
http://www.smilebox.com/playBlog/4e4455784d7a63784f54413d0d0a&blogview=true 
Preme enriba da foto!
 Pasamos unha sesión divertida e sobre todo tivemos un achegamento ao mundo da programación e da robótica!! Grazas chicos!!!
 

A CERÁMICA E OS TELARES

Os homes e mulleres neolíticos sabían que a cerámica serviría como primeira forma de transportar obxectos, alimentos...e o descubrimento dos telares... de ir á última en canto a roupa se refire, xa o estaban anunciando! 

Paula e Marta trouxeron á escola un montón de figuriñas, xoias, caixiñas...de arxila, moi chulos! Grazas chicas!
 Así que cando os vimos...xa quixemos experimentar... e coa axuda da profe Eva fixemos uns fermosos recipientes de arxila que decoramos con cunchas, froitos, pedras... Metímolos no forno para cocer e houbo algunha que outra rotura, así que en canto arranxemos os desperfectos...levarémolos para casa!
Quedaron chulísimos!!



En canto aos telares...temos a sorte de contar con familias a mar de apañadas e colaboradoras como a de Martín e Martina que trouxeron á escola un super telar artesán, réplica moi similar aos telares da época, con pesas de arxila, pedras e fío de tecer de varios tipos. Despois de explicar aos compañeiros/as, puidemos probar a tecer e comprobamos que non é tan sinxelo. Grazas chicos!

Carme tamén trouxo un telar da súa casa e Maribel, a miña nai prestounos un feito a man e a máquina. Martiño levou un libro sobre telares en italiano!! Qué ben rapaces!

E había que probar!! Como non podía ser doutro xeito!
Primeiro fixemos uns telares con diferentes tipos de fíos pero nun papel. Quedaron moi chulos!


Pero probar de verdade non era iso...non, non!
E logo...por qué non montar un OBRADOIRO DE TELARES???
Pois veña...famiiiiiiiilias📢📢📢📢📢!!!! 
Coma sempre que vos pedimos axuda...partícipáchedes de forma espectacular!! E a profe Livia, que tamén nos axuda sempre un montón!!!! Grazas, grazas e máis grazas!!



http://www.smilebox.com/playBlog/4e4455784d7a63784e7a413d0d0a&blogview=true
 PREME enriba do telar e verás...!

 E ao final da mañá tivemos a sorte de ser convidados a tarta por unha compi de Lubre!!

Ademáis de todo isto...seguimos investigando moito sobre a época do neolítico e idade dos metais. Un clarísimo exemplo é a cantidade de materiais e información que traen os nenos e nenas á escola. Xenial, familias!! Moitas grazas!!
Martiño ensinounos unhas fotos dunha amiga da súa nai que é arqueóloga e está traballando nunhas excavacións en Inglaterra. Moi ben explicado, Martiño!!!
Carme trouxo un libro dos Bolechas sobre os Castros, que nos ven moi requeteben para o seguinte tema de traballo!! Ademáis un super tippi prehistórico ben chuli! 
Qué guai, Carme!
Uxía trouxo un libro que xa foi do seu pai de cando estudaba! Ademáis información sobre a Torre de Andrade en Pontedeume e mapas sobre esa vila! Qué interesante, Uxi!
Mateo levou á escola fotos que él mesmo buscou en internet sobre a temática. Vaia crack das tecnoloxías, Mateo!
Grazas a todas e todos!

27 febrero 2017

DÍA DA PAZ, 30 XANEIRO


O pasado 30 de xaneiro conmemoramos en todas as escolas do CRA de Bergondo o día da Paz. Quixemos facer unha "quedada virtual" entre escolas para cantar todas e todos xuntos a canción que nos ensinou a profe María do grupo Migallas, "Campás pola Paz".
Ademáis aproveitamos que uns ex-alumnos da escola de Guísamo nos brindaron a oportunidade de soltar unhas pombas como símbolo nese día tan especial. Moitas grazas!
Tamén coñecimos a un cantante moi famoso que falaba da paz nas súas cancións e escoitamos unha das máis famosas..."Imagine".



Disfruta da música de John Lennon...

PARABENS CUMPLEAÑERAS DE XANEIRO!

No mes de Xaneiro estuvo de cumple Martina, 4 aniños xa, parabens!



 E a profe tamén convidou...

CAIXA DE LUZ


Xogar con materiais sensoriais na aula permite que os nenos e nenas experimenten sensacións únicas pero sobre todo que coa liberdade que eso lles dá poidan chegar a mundos do seu maxín con maior facilidade.
Iso fixemos varios días na escola de Carrio.
Se queres coñecer máis sobre isto...preme aquí