28 febrero 2017

ENTROIDO 2017

E por fin chegou a época do ano onde nada importa á hora de adornarse, ese divertido Entroido galego!!
 Aquí temos a Carme cunha máscara de Peliqueiro de Laza da súa irmá Lola! Que guai  que se garden as cousiñas do cole con tanto agarimo!

Peliqueiros de Laza, Cigarróns de Verín, Pantallas de Xinzo de Limia, Boteiros de Viana do Bolo, Volantes de Chantada...
É fabuloso comprobar o atractivo que resulta para nenos e maiores o Entroido típico galego! 
Pero nas escolas do CRA este ano fixemos unha actividade de mandados dende o luns para o xoves vir con todo posto e xa o venres...converternos no que cada un quixera.



Pero tamén tivemos tempo de disfrazarnos na clase...

E por fin chegou o graaaaaaaaaan día!!!!
Como están de forma provisional os nenos e nenas da escola de Lubre na aula do lado decidimos festexar ese día con elas e eles, poñendo unha gran mesa no exterior coas merendas que aportaron as familias...o pasamos fenomenal! Moitas grazas porque entre todos as cousas son máis sinxelas e divertidas!
http://www.smilebox.com/playBlog/4e4455784d7a637a4d54673d0d0a&blogview=true
 Preme enriba da foto!

Bo Entroido a todas e todos!! 

2 comentarios:

marsalada dijo...

Estou moi contenta de que poñades as niñas cousas no blogue.lola.

BOLBORETAS dijo...

Grazas por deixarnos as túas cousas. Coidámola moito!Bicos Lola!