19 febrero 2014

AMERICANO? CANADIENSE, ESTADOUNIDENSE, MEXICANO...

Seguimos coa nosa viaxe por AMÉRICA DO NORTE con MADLENKA e a verdade que está resultando moi divertida e gratificante sobre todo para os nenos/as.
CANADÁ, ESTADOS UNIDOS, MÉXICO...estamos a facer un barrido por todo o continente.
Bandeiras, moeda, comidas típicas, costumes dos seus habitantes, cidades e monumentos máis representativos!
Aquí vai un resumo de todo o que estamos a aprender na clase das bolboretas!










Ademáis da información que as familias aportan, temos a sorte de contar coa axuda de Verónica, que viviu en primeira persoa a cidade de Nova York. Así visualizamos a través de fotografías o máis representativo: os rañaceos, a Estatua da Liberdade, Central Park ou os famosos taxis amarelos. Grazas Verónica!

Ademáis de Verónica, visitounos Manuel, o pai de Alejandro. Manuel percorreu de norte a sur o estado de California, xa que estuvo vivindo e traballando alí e ademáis falounos de moitos aspectos importantes de México. Foi interesantísima a súa charla!Grazas Manuel!



18 febrero 2014

DÍA DOS AMIGOS

O venres quixemos festexar o día dos amigos e xogamos ao xogo dos AMIGOS INVISIBLES. Cada un colleu un nome dunha bolsa e fixo o gran esforzo que mantelo en segredo! Bueno...a algún se lle escapou pero é que podían máis as ganas de contalo que outra cousa! Decidiron de forma libre qué agasallo lle querían facer a ese amigo/a e este foi o resultado!
Ah...que queredes saber que lle tocou a cada un/unha? Vide por Carrio e volo contamos...jijijiji!

Ademáis Zeltia quixo agasallarnos a cada un de nós cunha sorpresa moi doce! Grazas Zeltia!

EXPERIMENTOS: A MOEDA INVISIBLE / FLOTA OU AFUNDE

Seguimos coa nosa actividade de científicos aventureiros e a semana pasada e onte mesmo levamos a cabo na clase dous novos experimentos! Penso que o segundo gustou máis que o primeiro...xa se sabe que iso de andar con auga e remexer...mola moito!!!
Aprendemos a importancia que ten coidar o medio ambiente e sobre todo a beleza que os mares e ríos teñen coas suas augas cristalinas sen necesidade de albergar obxectos que non fan outra cousa que estragar a natureza e molestar aos habitantes acuáticos e veciños!

A MOEDA INVISIBLE
Click to play this Smilebox slideshow

FLOTA OU AFUNDE
Click to play this Smilebox slideshow


CUERDAS

   PREMIO GOYA 2014 AO MELLOR CURTO DE ANIMACIÓN
VALE A PENA COMPARTILO PARA VER COMO UNHA VEZ MÁIS AS DIFERENCIAS NON EXISTEN AOS OLLOS DOS NENOS!!!

06 febrero 2014

GRABANDO, GRABANDO...

A semana pasada as bolboretas de Carrio participamos nunha experiencia que seguro non esqueceremos nunca.
A Fundación Barrié da Coruña veu á nosa escola para grabar con nós unha experiencia sobre sentimentos, xa que participamos nun proxecto piloto de observación e experimentación nas aulas, PROFEXXI.
A través do conto SACAPENAS de Anthony Browne traballamos con estes seres en miniatura sacando dende o noso interior o mellor de nós e sobre todo as inquedanzas, as preocupacións pero tamén os nosos soños.
Aquí tedes algunhas fotos da experiencia!



BERGONDO EN VIGO

A fin de semana pasada tivemos a sorte de ser convidados a asistir á sede da Fundación Barrié en Vigo para presentar o proxecto sobre Bergondo que fixemos o curso pasado na aula das Bolboretas.
Foi unha experiencia moi enriquecedora xa que ademáis de ensinar o traballo feito cos nenos e nenas...puiden coñecer de primeira man a compañeiros/as do ámbito educativo galego con traballos e reflexións moi positivas.
Grazas a Ana, que nos axudou tanto o curso pasado.
Grazas ás compañeiras do CRA polas veces que nos trouxéchedes informacións importantes para traballar o tema.
Grazas a Isa, por acompañarme e apoiarme ese día.
E por suposto...un aplauso enorme para os chicos e chicas proteagonistas do proxecto!
Premendo AQUÍ poderás ver a nosa experiencia e as dos demáis colexios!



CONTOS DA MALETA PARA OS NENOS DE SALETA

Este martes día 4 de febreiro tivemos a sorte de contar en Carrio cunha visita moi especial.
Os nenos e nenas do clube de Lectura Salicornia do CPI Castro Baxoi de Miño, viñeron a nosa escola cargados de contos nos seus corazóns para facernos soñar e vibrar durante uns minutos.
Ademáis...deixaron unha maleta cargada de contos que nos prestaron da súa biblioteca! 
Aquí tedes a reportaxe íntegra!
Pasámolo moi ben e sobre todo fai ilusión que te visiten antigas compañeiras dese cole ao que algún día estiven moi unida.
Grazas Chus e Carmen e grazas aos artistas de 1º e 2º da ESO!!

FESTA DE ALDÁN

Ai...como pasa o tempo!
Hai nada cumpliades 3 aniños e 4...e agora xa estades a cumplir 6!!
Aldán foi o primeiro.


Esta é Verónica!
Vai estar con nos este mes de febreiro ensinándonos moitas cousas e aprendendo tamén connosco! 
Benvida Verónica!