06 febrero 2014

GRABANDO, GRABANDO...

A semana pasada as bolboretas de Carrio participamos nunha experiencia que seguro non esqueceremos nunca.
A Fundación Barrié da Coruña veu á nosa escola para grabar con nós unha experiencia sobre sentimentos, xa que participamos nun proxecto piloto de observación e experimentación nas aulas, PROFEXXI.
A través do conto SACAPENAS de Anthony Browne traballamos con estes seres en miniatura sacando dende o noso interior o mellor de nós e sobre todo as inquedanzas, as preocupacións pero tamén os nosos soños.
Aquí tedes algunhas fotos da experiencia!



2 comentarios:

Audición e linguaxe dijo...

Unha experiencia moi interesante coa que aprender moito ¡¡noraboa!!

Saleta dijo...

Grazas Dolores!! Foi moi divertido pero un pouco canso para a profe jejeje