19 febrero 2014

AMERICANO? CANADIENSE, ESTADOUNIDENSE, MEXICANO...

Seguimos coa nosa viaxe por AMÉRICA DO NORTE con MADLENKA e a verdade que está resultando moi divertida e gratificante sobre todo para os nenos/as.
CANADÁ, ESTADOS UNIDOS, MÉXICO...estamos a facer un barrido por todo o continente.
Bandeiras, moeda, comidas típicas, costumes dos seus habitantes, cidades e monumentos máis representativos!
Aquí vai un resumo de todo o que estamos a aprender na clase das bolboretas!










Ademáis da información que as familias aportan, temos a sorte de contar coa axuda de Verónica, que viviu en primeira persoa a cidade de Nova York. Así visualizamos a través de fotografías o máis representativo: os rañaceos, a Estatua da Liberdade, Central Park ou os famosos taxis amarelos. Grazas Verónica!

Ademáis de Verónica, visitounos Manuel, o pai de Alejandro. Manuel percorreu de norte a sur o estado de California, xa que estuvo vivindo e traballando alí e ademáis falounos de moitos aspectos importantes de México. Foi interesantísima a súa charla!Grazas Manuel!



No hay comentarios: