16 diciembre 2014

E CHEGOU O NADAL!

Unha vez máis chegamos á época do ano máis esperada por todas e todos os nenos do mundo...O NADAL! Os desexos e as ganas por festexalo aumentan estes días e por iso quixemos convidar ás familias unha vez máis para pasar un rato agradable e divertido.
Aquí tedes as creacións xeniais das Bolboretas de Carrio. Grazas familias!



                           Click to play this Smilebox slideshow


RUTA FARERA...CHEGOU AO SEU FIN

Continuando a nosa excursión por algúns dos faros máis interesantes da Costa da Morte chegou a gaivota Carlota dende Punta Laxe para contarnos cousas divertidas sobre ese faro e algúns dos seus amigos: o cormorán e a pardela, aves fermosas que percorren as costas galegas na procura das mellores condicións para vivir.
Ademáis coñecimos unha escultura fermosísima que se chama "A Espera" e está adicada ás mulleres dos mariñeiros que faenan na mar xa que simboliza iso mesmo...a espera mentres non regresan.

Este faro nos gustou bastante porque era sinxelo, así que quixemos ter un nas nosas casas e inspirándonos nun que trouxera Alejandro C. decidimos facer o noso propio.
 Mirade que chulos quedaron!


Aos poucos días tivemos a sorte de chegar "da patiña" do noso amigo o cangrexo Tonecho ao Faro de Cabo Vilán, en Camariñas. Ademáis de coñecer aspectos relacionados co edificio en si mesmo e grazas ás informacións da teacher Cova, sobemos que alí traballa unha fareira, Cristina!
Mirade de novo á profe facendo a Ruta dos Faros!


E como en Camariñas son típicos uns oficios fermosos e ben antigos...quixemos coñecer ás palilleiras e despois adornar a nosa propia "puntilla". Tamén observamos un vídeo dunhas redeiras, traballo minucioso feito por mulleres con mans máxicas...

E xa finalizando a nosa particular "ruta dos Faros" chegamos na compaña da vieira Carmiña ao señor dos Faros...Faro Fisterra, fin da Terra pensaban os romanos. Carmiña chegou agobiada porque non lembraba que era festivo...e tivo que facer tempo na praia de Gandarío mentres non voltabamos á escola! Ai...qué despistada, Carmiña!



E como Carmiña tiña tantas ganas de xogar e as vieiras son un pouco trapalleiras porque andan dando saltiños todo o tempo no mar...quixemos inventar unhas vieiras divertidas e un pouco toliñas. Mirade qué simpáticas nos quedaron!


30 noviembre 2014

MEXILLÓNS CREATIVOS

 Aquí vos deixamos os fermosos mexillóns que adornamos na escola. Grazas  Lola! 


SEGUIMOS NAVEGANDO...

Fascinados con todos os segredos que agocha o mundo marino...seguimos navegando e aprendendo moitas cousas sobre esta temática.

Entre outras cousas aproveitando a visita ao Museo de Belas Artes da Coruña, traballamos a dous artistas galegos que tiveron moita relación co mar. Luis Seoane e Jorge Peteiro deixaron obras na súa traxectoria pictórica dignas de admiración. E precisamente iso é o que facemos, admirar os seus cadros e por qué non...intentar aprender cousas sobre a súa maneira de debuxar e pintar.



Por outro lado recibimos a interesante visita de Lucía, capitana dun barco. Gustounos moitísimo todo o que nos contou e ademáis agasallounos a cada un cun Caderno de Bitácora para que anotemos todo o que aconteza na nosa viaxe. Grazas Lucía!



Ademáis de todo o anterior non podemos deixar de coñecer outros aspectos non tan positivos que acontecen no mar e descubrimos que ás veces os humanos non somos tan amables e coidadosos cos seres vivos e prantas como deberíamos. Moitos dos nosos océanos están cheos de basura perxudicial e dañina para os animais marinos. Coñecimos a existencia de "illas basura" no medio do mar, repletas de porquería e contaminación. Debido a toda esa porcallada que habita nos nosos mares, os peixes e demáis seres mariños confunden o alimento con redes, mangueiras ou plásticos que engullen como se tratara de comida causando un dano irreparable e ás veces incluso causando a morte dos pobres animais. O mundo do mar é fascinante pero é importante concienciar aos nosos cativos dende moi pequenos para que aprendan a respectar o medio ambiente e así evitar comportamentos negativos cara a natureza.


        
                           Click to play this Smilebox slideshow


27 noviembre 2014

EXCURSIÓN Á CORUÑA



MARCHAMOS DE EXCURSIÓN Á CORUÑA!
A TORRE DE HÉRCULES ESPERABA A NOSA VISITA!
ARTE, NATUREZA, MAR...MESTURA DIVERTIDA PARA PASALO EN GRANDE NO MUSEO DE BELAS ARTES!
FOI...XENIAL!

CUMPLEAÑERAS DE NOVEMBRO!

PARABENS SARA E LOLA!
5 ANOS XA!








BULBOS DE OUTONO PARA A PRIMAVERA


11 noviembre 2014

OS FAROS DE GALICIA: Punta Nariga- Malpica

Dentro do proxecto que estamos a levar a cabo nas escolas do CRA imos a desenvolver un pequeno apartado referido aos FAROS DE GALICIA

Comenzado o mesmo o primeiro faro foi o da TORRE DE HÉRCULES, na Coruña. O animal escollido para aprender cousas foi o golfiño Paquiño.

Pasando ao seguinte faro chegamos a Malpica de Bergantiños, que alberga o coñecido e moderno PUNTA NARIGA con forma ben distinta ao anterior. Aquí decidimos solicitar a axuda dun animal ben coñecido na zona...o percebe Xaquín, co que estamos a aprender moitas cousas divertidas e interesantes.

Click to play this Smilebox slideshow

Vaia, vaia...mirade quen anda visitando os faros galegos!! A teacher Cova e o monkey máis famoso de Bergondo!Haberà que preguntarlle en cal sacaron esta foto..."Where os this place,teacher?"

10 noviembre 2014

VIAXAMOS POLO MAR ENTEIRO...PARTIMOS DA CORUÑA!

Para comezar a nosa travesía polo MAR ENTEIRO partimos dende a cidade de cristal, A Coruña.
No barco "Koruño" surcaremos os mares aprendendo cousas sobre os océanos, os animais que os albergan e como non das persoas que traballan no mar, así como dos portos e faros máis relevantes ou calquera aspecto relacionado, entre outras cousas.
Aquí nos tedes coñecendo esta cidade fermosa! Grazas ao blogue O MUNDO ENTEIRO, estamos aprendendo moitas cousas interesantes relacionadas co mar!
E partindo por suposto da información que traen os nenos e nenas que é moita! Grazas ás familias por colaborar!




Torre de Hércules



 






Paquiño, o golfiño.
Vive nos arredores da Torre de Hércules coa sua familia e amigos. Moitas veces queren xogar coa xente que está na praia do Orzán e de Riazor e nadan ata alí! Mirade cantas cousas aprendimos 

A Rosa dos Ventos


E continuaremos con...



MAGOSTO E SAMAÍN 2014









21 octubre 2014

OUTONEANDO UN POUCO

O outono chegou...
Aproveitamos os elementos da natureza para deixar voar a nosa imaxinación e convertir troncos de toxo en fermosos móviles xiratorios con follas de carballo, landras, castañas...facendo maxia no aire!
Tamén quixemos facer unha representación dun bosque de faias (hayas en castelán) mediante a técnica de soplado e estampado. 
Velaí tedes o resultado! A que quedaron "chachis"?
Inspirámonos nun libro sobre creacións naturais.








Click to play this Smilebox slideshow







O MAR ENTEIRO

Este curso comezamos un novo proxecto nas escolas do CRA de BERGONDO.
Os anos anteriores collimos a maleta para dar unha volta polo mundo da man de Madlenka coñecendo países tan máxicos como India ou Exipto, pasando ao continente europeo parando en Francia, Alemania ou Italia e cruzando o charco para dar un paseo por Cánada, Estados Unidos ou Perú.

Neste curso 2014-2015 queremos seguir dando voltas polo mundo pero esta vez coñecendo e gozando dos grandes océanos e os fermosos mares. O encargado de axudarnos nesta travesía será Cristovo, o noso polbo amigo da Biblioteca que irá percorrendo con nós os portos e caladeiros máis importantes do mundo e presentándonos aos seus amigos: aves, crustáceos, moluscos, peixes, algas e corais... 

Tamén aprenderemos sobre os tipos de barcos que hai en cada zona e as persoas que traballan desempeñando tarefas relacionadas co tema. As tradicións mariñeiras son a esencia do noso pobo, Galicia por iso tamén daremos unha volta polos faros e illas máis destacados e importantes, así como un repaso polas costumes galegas máis típicas da nosa comunidade!


Comezaremos zarpando no pesqueiro Koruño dende o porto da Coruña así que...mariñeiros ao barco! Se queredes pasalo pipa e aprender moitas cousas non deixedes de visitar o blogue que temos no CRA "O mundo enteiro- O mar enteiro" así como os dos compañeiros/as especialistas!
Boa travesía grumetes!

17 octubre 2014

EXPERIMENTOS MOI DIVERTIDOS

Estes días pasados comezamos na clase a facer experimentos moi divertidos coa axuda de Olga e Verónica.
Mirade qué ben o pasamos!